Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

O movemento memorialístico galego pide reunións co presidente da Xunta, os grupos parlamentares e o delegado do Goberno para instar a presentación do recurso de Meirás

3/2/2021

0 Comments

 
Imagem
Pontevedra, 27 de febreiro de 2021. A Iniciativa Galega pola Memoria vén de solicitar reunións co delegado do Goberno, Javier Losada; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e as persoas voceiras dos grupos presentes no Parlamento galego, o popular Pedro Puy, a nacionalista Ana Pontón e o socialista Gonzalo Caballero; ao obxecto de transmitirlles a necesidade de que tanto o Estado como a Xunta presenten recursos contra a sentenza que obriga a indemnizar os Franco para recuperar Meirás, e que inclúe un relato compracente co ditador que suporía branquear e perpetuar a extorsión económica do franquismo. 
A coordinadora da IGM decidiu por unanimidade que actúen como voceiros seus nos asuntos relativos a Meirás, os propios investigadores impulsores do proceso de recuperación do Pazo, Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, que forman parte da plataforma como integrantes da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. Ademais,  trasladou a ambos o total apoio da Iniciativa á nova batalla que emprenderon e que se materializou na realización do comunicado ”Volver pagar polo roubado: unha sentenza inasumible para un Estado democrático”, que conta xa con 3.000 sinaturas e o apoio de máis dun cento de colectivos do país e tamén de Euskal Herria, Madrid, Catalunya ou Andalucía.  (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeDPWrXQIdJsJvYxUVB7fpQVvz7WoG__PQr_GGHLgIMtG0bVg/viewform?fbclid=IwAR1jGQndRg-kbFO9Pl0uT82PrNkMD4PW4VteGB7UaLlN8zlfLX7Cd5jm3Ik)

Na solicitude de reunión, lémbrase que a recuperación de Meirás para o desfrute público foi “a culminación dunha reivindicación que se caracterizou pola divulgación de investigacións históricas e a suma progresiva de vontades, coa construción de consensos determinantes para acadar a finalidade que se perseguía”. A sentenza da Audiencia Provincial da Coruña suporía un paso atrás que é imprescindíbel reverter para que, como recolle a solicitude, o Pazo de Meirás poida converterse “nun símbolo de entendemento, de ruptura co franquismo, de afondamento nos valores democráticos que deben caracterizar á nosa sociedade e ás nosas institucións”. Entenden desde a IGM que non se pode “dar por acaída aos intereses públicos unha sentenza que branquea á figura do ditador e pon en dúbida os procesos represivos cos que o Pazo chegou a mans de Franco”.

Neste senso, a IGM trasladou durante a última reunión da Xunta pro devolución do Pazo, os seus parabéns á Deputación da Coruña, Concello de Sada e Concello da Coruña, pola súa decisión de recorrer o fallo aínda conscientes das poucas probabilidades de admisión e estimación deste tipo de recursos ante o Supremo, que se verían agravadas pola renuncia a recorrer do principal actor no proceso xudicial, o Estado. A IGM entende que recorrer a sentenza é a única opción defendíbel nunha democracia, e de aí que a loita de Babío e Pérez Lorenzo para conseguir que o goberno estatal modifique a súa decisión e recorra a sentenza conte co unánime e absoluto respaldo do movemento memorialístico representado nela.
0 Comments



Leave a Reply.

    Imagem

    IGM

    Iniciativa Galega pola Memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Fuente RSS

Powered by Create your own unique website with customizable templates.