Encontro da IGM co relator da ONU
Acta da xuntanza das asociacións e do movemento memoriallístico co relator da ONU
Visita a Galiza do Sr. Pablo de Greiff, Relator Especial da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.
Na tarde de onte, 29 de xaneiro, as organizacións coordenadas na Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) tiveron dúas xuntanzas co Sr. Pablo de Greiff, Relator Especial da ONU para os dereitos humanos, no hotel “Palacio del Carmen”, en Compostela. Alí, desenvolvemos esas xuntanzas, a primeira delas, máis dedicada a representantes das asociacións memorialistas galegas, e destinada a que o Relator escoitara todas as informacións que @s grupos da memoria galega tíñanlle que dicir.
Pero foi primeiro o Relator, Sr. de Greiff, quen fixo unha pequena exposición de motivos, expoñendo a necesidade que tiña de escoitar as necesidades e peticións dos grupos memorialistas de Galicia, tanto a curto, como medio, como longo prazo, para así tentar de recabar unha información o máis achegada á realidade.
E, así, empezaron as intervencións das persoas asistentes. Primeiro, Rubén Afonso, representando á IGM, fixo unha breve exposición do que se falara o día anterior na roda de prensa convocada pola propia IGM en Santiago, centrándose nos temas que se informara aos medios de comunicación que se ían poñer en coñecemento do Relator Sr. de Greiff. Primeiro tema, o da impunidade dos crimes do franquismo, criticando á permanencia da Lei de Amnistía de 1977 – en contra das sucesivas recomendacións da ONU-, como a lexislación que permite aínda a existencia de crimes do franquismo sen resolver, con aínda responsables directos deles en vida, que nunca foron xulgados. Segundo tema, o sistemático incumprimento da Lei da Memoria Histórica no que atinxe á simboloxía franquista. Terceiro tema, a existencia actual de fosas sen abrir, a total falta de colaboración do goberno do Partido Popular, quen negou toda axuda económica ás asociacións que se ocupaban dese traballo, cando tiña que ser o propio Estado quen se fixera cargo desa responsabilidade.
De seguindo, Xoan Carlos Garrido, da Asociación “Sinhor Afranio”, de Silleda, fixo unha defensa do Dereito á verdade, no sentido dunha crítica á imposibilidade de acceso a arquivos por parte d@s investigadores, así como incidiu na crítica á Lei de Amnistía de 1977, que fixo considerar “legais” aos crimes franquistas.
Foi Xan Hermida, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, quen fixo a seguinte intervención, na que, unha vez máis criticou os incumprimentos da Lei da Memoria Histórica (LMH), así como a eliminación por parte do goberno galego do proxecto interuniversitario “Nomes e Voces”. Tamén lembrou as imposibilidades burocráticas de acceso ás fosas por parte das persoas interesadas pertencentes á sociedade civil. É o PP -segundo Xan Hermida- o responsable desta situación, ao negar calquera tipo de axuda económica ás exhumacións.
Valentín García Bóveda, presidente da Asociación “Verbo Xido”, e directivo da Fundación “Alexandre Bóveda”, tomou a palabra a continuación, para comunicar unha serie de peticións ao Relator da ONU. A corto prazo, pediu o cumprimento la LMH. A medio prazo, incluír no sistema educativo o estudo da represión franquista, para así tentar de evitar que haxan atitudes de xustificación do franquismo. Solicitou Valentín tamén, a derrogación da Lei de Amnistía, así como a institucionalización do Día d@s Mártíres Galegas, o 17 de agosto. E tamén solicitou que se faga efectiva a anulación do xuízo a Alexandre Bóveda, como “símbolo” da represión franquista en Galicia.
Enriqueta Otero (Queta), da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, fixo tamén un chamamento para mellorar o acceso aos arquivos para a investigación do franquismo, solicitou tamén a derrogación da Lei de Amnistía de 1977, e informou sobre as actividades feitas pola ARMH de Marín, no camiño de difundir a identidade das persoas represaliadas en Marín, de denunciar á represión ás mulleres polo franquismo, e de recoller a memoria oral da represción.
Telmo Comesaña, da Asociación Viguesa Memoria do 36, informou sobre o traballo desenvolvido pola súa Asociación, na denuncia da simboloxía franquista aínda permantente en Vigo, sobre todo no que atinxe á Cruz do Castro, que foi inicialmente unha homenaxe ao exército nazi. Foi denunciado este feito pola Asociación Viguesa Memoria do 36, retiráronlle os emblemas nazis, pero é o concello quen sistemáticamente négase á retirada de dito elemento conmemorativo fascista. Telmo tamén informou sobre as agresións fascista aos monumentos á memoria, criticando a falta de resposta por parte das autoridades municipais viguesas e tamén autonómicas a estas agresións fascista. Fixo tamén unha crítica á LMH porque non anula os xuízos sumariais a persoas vítimas do réxime franquista.
Antonio Nores, da Asociación da Memoria Histórica de Cangas, tivo unha moi emotiva intervención, ao falar da súa experiencia vivida como coordinador de algunhas exhumacións. Criticou que non se fagan as probas de ADN en Galicia, cando existe ún dos mellores laboratorios. Pediu que se fixera un protocolo por parte do goberno -ben sexa estatal, ben autonómico-, en materia de fosas.
Claudio Rodríguez Fer, interviu de seguido, representando á Asociación pola Dignificación das vítimas do fascismo en Lugo. Repetiu tanto ás críticas á LMH, como á Lei de Amnistía do 77 feitas por anteriores participantes. Criticou tamén o efecto dobre da represión ás mulleres, quen, ademais de sufrir o franquismo máis reaccionario, tiveron que apandar coa represión de xénero que o réxime fascista de Franco fixo sobre elas. Coincidiu tamén en pedir que sexa o Estado quen se faga cargo das exhumacións, así como en denunciar a permanencia da simboloxía franquista en Galicia, poñendo como exemplos a dedicación a rúas a Manuel Fraga Iribarne, tanto en cidades como Monforte como Lugo. E tamén defendeu a anulación dos xuízos do franquismo, ao ser éste un réxime ilegal, mesmo segundo resolucións feitas polas Nacións Unidas.
Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña foi quen pechou esta primeira xuntanza co Relator Especial da ONU, Sr. Pablo de Greiff. Denunciou a permanencia actual do Pazo de Meirás como propiedad da familia Franco, co consentimento da Xunta de Galiza, cando fou un roubo á cidadanía galega por parte do réxime franquista. Tamén fixo unha condena da concesión de títulos nobiliarios a destacados franquistas (Mola, Queipo de Llano, etc), con dereitos económicos para os seus descendentes. Destacou a preocupación da CRMH da Coruña porque a mocidade se “encha de antifranquismo”. E describiu un proxecto da CRMH da Coruña, a participación do filme documental dirixido polo cineasta Xosé Abad, “A Pegada dos Avós”, onde son directamente os rapaces estudantes nun instituto de secundaria quen preguntan a vítimas do franquismo as súas experiencias, chegado desta maneira a realizar o guión do filme. Fernando tamén fixo unha especial petición ao Relator da ONU para que sexa este organismo internacional quen acceda á exhumación das fosas de Aranga, por constituír os asasinatos alí feitos crimes contra a humanidade aínda sen resolver, e para que non se dean garantías de repetición. Repetiu tamén as críticas á existencia de simboloxía franquista en innumerábeis rueiros galegos, así como incidiu na necesidade de que sexa anulada a Lei de Amnistía de 1977.
E así, rematou a primeira das xuntanzas desta xornada informativa para o Relator da ONU Pablo de Greiff, sobre o que as asociacións da memoria en Galicia lle tiñan que contar.
Pasouse, entón a permitir a entrada na sala onde se fixeron estas xuntanzas ao resto das persoas que tomaron parte na xornada. Foron máis de trinta persoas pertencentes a outras asociacións da memoria, ou que traballan no campo da defensa dos dereitos humanos, e persoas familiares directas de vítimas do franquismo, que foron convocadas polo Relator para ter a oportunidade de escoitalas.
Manuel, de Cangas, Antonio Monroi, de Vigo, Dolores, de Ribeira, Andrés, tamén de Ribeira, Manuel Monge, da Coruña e Iago, de Cangas, foron as vítimas e familiares das vítimas do franquismo quen decidiron tomar a palabra, nuns sentidos relatos das experiencias vividas por el@s e os seus familiares, experiencias coincidentes na sen razón da represión franquista e na barbarie experimentadas por el@s mesm@s, barbarie directamente relacionada co sanguinario carácter do réxime de Franco. Delitos que cometeron? Ningún, se delito se lle pode chamar a defender a xustiza, mesmo desde o ámbito sindical, defendendo os dereitos da clase traballadora, como se delito se lle pode chamar a interiorizar un medo no máis profundo das súas vidas, medo que chegou a afogarlles para sempre. Medo a pensar, medo a actuar, medo a vivir, medo a ser. Medo que foi incrustado no máis íntimo de cada dos seus pensamentos. Son as vítimas do franquismo as que fixeron a mellor das intervencións nesta xornada de información ao Relator da ONU: a mellor información da represión é a ofrecida por aquelas persoas que apandaron nos seus respectivos tempos vitais a crueldade do criminal réxime do ditador Franco.
Outras persoas representantes doutras asociacións tomaron logo a palabra. Manuel Zebral, de Ferrol, interviu para dicir que Galicia fora recoñecida no seu tempo como nación pola Sociedade das Nacións, pero a ONU negoulle tal recoñecemento. Familiar de represaliados de Ferrol, solicitou tamén a creación dun Tribunal Internacional para xulgar o franquismo.
Lorena, representante do sindicato CNT, describiu a represión que o devandito sindicato sufríu en Galicia, de 40000 afiliados no 1936 a case ningún actualmente, por dicir algo sobre tal represión. Roubos de locais, roubo de materiais, e sobre todo, de documentación foron argumentos usados por Lorena, así como o de que contabilizan sobre úns 500 asasinados dentro da militancia libertaria galega. E, logo de pedir que sexa o Estado quen faga os xuízos aos responsables da represión, e de que se abran os arquivos para facilitar a investigación, informou ao Relator da ONU da conveniencia de que se equiparen os dereitos das vítimas do franquismo cos das vítimas de ETA.
Ana Pontón, do BNG, denunciou o incumprimento da lexislación internacional en materia de dereitos humanos, no tema da impunidade do franquismo, criticando tamén á chamada “transición” como un pacto entre os poderes fácticos e o franquismo. Os incumprimentos da LMH, a pasividade do goberno da Xunta de Galicia, o caso da illa de San Simón como lugar da memoria e punto de referencia do movemento memorialista galego, foron argumentos empregados tamén por Ana Pontón. E proporcionoulle ao Relator as iniciativas parlamentares presentadas polo BNG pedindo a derrogación da Lei de Amnistía do 77.
Jesús Redondo Abuín, do Foro pola Memoria Republicana de Galicia, criticou tamén a Lei de Amnistía do 77 como “unha afronta á especie humana”, sostendo que foi a nación galega a única que non conseguiu que os presos de Franco foran recoñecidos como tais.
O escritor Manolo Rivas -socio da CRMH da Coruña-, interviu para dicir que el, como galego “tan compatriota de Franco como de Pablo Iglesias e Ricardo Mella, estes dous referentes do socialismo e do movemento libertario”, na súa mocidade tamén podería ter sido represaliado por participar en manifestacións contra o réxime franquista e pola amnistía total. Lembrou unha cita do escritor francés Albert Camus, publicada nun artigo titulado “Por que España?”, onde dicía “porque en España escenifícase a derrota da humanidade”. Hoxendía, sostivo Rivas, pasa o mesmo, porque a diatriba está entre estar co ”partido da humanidade” ou co “partido da inhumanidade”. Manifestou tamén que, logo de aprobarse a LMH, fixéronse -a iniciativa da sociedade civil, non por instancias gobernamentais-, 19 exhumacións en Galicia, cousa bastante significativa se pensamos na preocupación dos gobernos pola recuperación da memoria histórica. Salientou, así mesmo, tres casos que considerou ter en conta: Que o goberno español este nun proceso de “acoutar o cumprimento da lexislación internacional en materia de dereitos humanos”, -segundo as últimas declaración de membros do goberno do Partido Popular, Que é moi revelador o feito de que, logo de ter gañado o PP as últimas eleccións, fora pechada a Oficina para as Vítimas do Franquismo, Que hai que ter moi presente as declaracións de Rajoy, cando dixo que non ía destinar “nin un só euro para recuperar o pasado”. Rivas tamén sostivo a necesidade de que sexa o Estado que faga o censo das vítimas, que calculou en máis de 150000 en todo o estado, para rematar dicindo que foi o ex-xuíz Baltasar Garzón o único “condenado polos crimes franquistas no Estado español, ao ter a intención de investigalos”.
Elvira Souto, de “Esculca” (Laboratorio para a defensa dos dereitos e liberdades), manifestou que o franquismo seguiu coa represión no tempo da monarquía, e denunciou a práctica da tortura no Estado español, para rematar agradecendo a presenza e participación das familias das vítimas do franquismo.
Manolo Dios, do Seminario Galego de Educación para a paz, sumouse ás testemuñas das vítimas, e sostivo que aínda está vixente unha lei baseada na cultura da paz, propiciada pola ONU. Pedíu tamén que o estudo do franquismo este presente no sistema educativo, e defendeu a creación dunha Comisión da Verdade sobre o franquismo.
Para rematar, na quenda de resposta, o Relator Sr. Pablo de Greiff agradeceu especialmente a participación e declaracións das vítimas, concordando coas participacións dalgunha persoas que anteriormente tomaran a palabra, no sentido de que reiterar as recomendacións da ONU ao goberno español en materia de dereitos humanos no que atinxe ao franquismo xa é inútil. Pero sostivo que as Nacións Unidas non teñen capacidade de impoñer resolucións a países soberanos, pésia a que el comparte as testemuñas escoitas ás vítimas do franquismo. Manifestou que non tiña a menor dúbida de que a comunidade internacional se ten que fixar detalladamente nas temáticas derivadas da represión franquista, pero que non hai ninguén na ONU capaz de prometer certeza acerda dos resultados de ditas observacións. O seu papel como alto funcionario das Nacións Unidas -segundo as súas declaracións-, consistiría en magnificar e darlle amplificación ás voces das vítimas, para, de esa forma, tentar de que se formen mecanismos que impidan a pasividade dos gobernos en materia de Memoria Histórica, xa que -sempre segundo o Relator-, estes asuntos son asuntos de Dereito. Nas súas conclusións, o Sr. Pablo de Greiff apostou por que as recomendacións das Nacións Unidas ao goberno español, logo destes maratonianos días que leva en España, sexan a curto, a medio, e a longo prazo, para solucionar a posibilidade de exercer os dereitos á verdade, á xustiza e á reparación. Concluíu a súa intervención o Sr. de Greiff, informando de que o día 3 de febreiro terá colgado na páxina web do seu organismo www.ohchr.org, as conclusións do seu viaxe ao Estado español, onde mantivo xuntanzas con representantes da sociedade civil, do movemento memorialista e con vítimas e familiares de vítimas do franquismo, nas cidades de Madrid, Sevilla, Barcelona e Santiago. Calculou que sobre o mes de maio o seu equipo terá redactadas as recomendacións ao estado español en materia de dereitos humanos, para ser publicadas e notificadas ao dito goberno contra o mes de outubro do presente ano.

|