Acto nacional en desagravio ás vítimas do franquismo, polo fin da impunidade e da apoloxía do nazi-fascismo

13 de outubro de 2013 tivo lugar un acto de desagravio polas declaracións do alcalde de Baralla xustificando os crimes franquistas e polo feito de que este tipo de actos aínda queden impunes. O acto comezou ás 12'30 h. da maña, en Montecubeiro (parroquia do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo, contra impunidade, e pola penalización da exaltación do nazi-fascismo.
O acto celebrarase nun monólito que lembra o asasinato de 15 persoas nesa parroquia no 36 por parte dos franquistas.
Por todo isto, convocamos este acto de homenaxe ás vítimas do franquismo do día 13 de outubro, que tivo a seguinte programación:
- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.
- Intervención do representante do Delegado da Deputación de Lugo de Cultura e Turismo, Sr. Mario Outeiro.
- Intervención do presidente da Deputación Provincial de Lugo, Sr, Besteiro.
- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucense, Sr. Claudio Rodríguez Fer.
- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.
- Actuación da artista galega Mercedes Peón.

As vítimas do franquismo, ademais de ter sufrido en diferente grao desde o asasinato á cadea, pasando pola expropiación dos seus bens a represión deste réxime criminal, tiveron que padecer o silenciamento e mesmo a aldraxe, facéndolles a miúdo responsábeis das agresións que recibiron. Tamén aturaron, sen posibilidade de resposta, a imposición dunha simboloxía que louvaba aos verdugos e ocultaba o sufrimento da Humanidade vencida.
Galiza, onde non houbo guerra regular e os asasinatos pola brava duplicaron ás execucións tras Consello de Guerra, tivo asemade unha máis esmagadora negación dos crimes que pola súa nocturnidade e informalidade reforzaban a idea da ausencia deste exterminio, e mesmo se proxectaba a imaxe da adhesión entusiasta do noso pobo á ditadura. De aí o sambenito ben estendido dunha Galiza afervoadamente franquista, que pretendeu e aínda pretende ocultar calquera resistencia ou represión existente que puidese abafar aquela estampa idílica.
Grazas ao esforzo heroico de asociacións e investigadores/as hoxe logrouse avanzar en destapar a brutal represión que aquí aconteceu, responsable dun mínimo de 4.700 mortos/as e 12.000 represaliados/as de distintas maneiras no período 1936-39. Con todo, non se conseguiu o merecido respecto xeral á dignidade das vítimas, que non son recoñecidas como tais política e xuridicamente, ficando aínda repetidas actuacións insultantes que ao non ser reprobadas e sancionadas polas organizacións que as amparan, deixan de ser un caso illado para converterse no síntoma dun problema máis profundo, que pon en evidencia a persistencia do franquismo que pretende condicionar á sociedade e o moito que aínda queda por facer para socializar a débeda que o noso país ten coas persoas exemplares que loitaron pola liberdade. E que, efectivamente, algo fixeron para ser homenaxeadas.
Fin da impunidade
Esiximos a derrogación da lei 46/1977, a chamada Lei de Amnistía, na que se apoia o Estado Español para manter a impunidade dos crimes cometidos polos franquistas até esa data e conseguintemente dá cobertura legal ás devanditas actuacións, con consecuencias en todos os ámbitos que teñen que ver coa grave vulneración dos dereitos humanos que se sufriu na Galiza e no Estado Español a raíz do golpe militar de 1936: desde a investigación e condena dos autores até o coñecemento e difusión de ditos feitos, pasando polos noxentos Consellos de Guerra que seguen a estar vixentes.
Esta verdadeira Lei de Punto Final é, tal e como xa ten manifestado a Oficina de Dereitos Humanos da ONU, incompatíbel coa lexislación internacional e coloca ás vítimas, ás asociacións de recuperación da memoria histórica, a investigadores e a cidadáns en xeral que denuncien os crimes cometidos, nunha inseguridade xurídica que pode mesmo como ten acontecido numerosas veces volverse contra quen reproba estes actos, na medida en que ao non ter a consideración de delitos (ese é, ao cabo, o espírito da devandita Lei), poidamos ser acusados de atentar contra a “honra” duns asasinos que, segundo o noso actual marco xurídico, non fixeron nada ilegal e por tanto non poderían ser considerados delincuentes.
Sanción da apoloxía do franquismo
Consideramos moi grave que non se poña freo a exaltación pública dun réxime que se baseaba na eliminación dos seus adversarios e na prohibición das liberdades básicas. Sobre todo cando isto é feito por cargos públicos.
Os réximes democráticos que padeceron o fascismo, adoitan ter no seu ordenamento xurídico normas que eviten que isto lle volva acontecer. Disto atopamos multitude de exemplos na Europa. O Estado Español, que aturou ese totalitarismo e que hoxe soporta os efectos da tutela que o franquismo exerceu nos pactos da Transición onde non houbo unha rotura contundente co réxime xurdido da Guerra Civil, precisa máis que ningún outro normas que regulen este tipo de actuacións que supoñen un atentado á memoria das vítimas, mais tamén unha lexitimación e alento a que se produzan novos crimes.
En consecuencia, é urxente que se penalicen estas condutas, establecendo de xeito inmediato a inhabilitación dos cargos públicos que incorran nestas provocacións, comezando polo Alcalde do Partido Popular de Baralla, protagonista hai uns días dunhas declaracións inxustas e intolerables que xustifican aos vitimarios e deben ter consecuencias políticas e xurídicas de contado.

![]()
|
![]()
|