Historia
En abril de 2007 celébrase en réxime de autoconvocatoria unha xuntanza aberta das asociacións que están a traballar na loita pola memoria diante do debate que se estaba a dar para implementar unha "Lei da memoria". A xuntanza tiña como fin facer unha serie de propostas para que foran recollidas pola devandita iniciativa lexislativa. Mais, logo da explosión de actividades do ano 2006, ano da memoria así declarado pola Xunta, tamén se constatou unha reacción que esixía unha maior coordinación das entidades para dar resposta a determinados desafíos que se presentaban. Quizais o mais grave era a denuncia contra historiadores, a clausura de páxinas web e a censura de publicacións relacionadas coa memoria histórica. Fronte a isto acordouse constituírse en punto de encontro permanente do movemento memorialístico galego, sen ter unha estrutura propia e fixa, si servise de espazo de debate e acción común das diferentes entidades e persoas para traballar a prol de obxectivos compartidos.
Logo do cambio de goberno no 2009 prodúcese un desmantelamento das políticas públicas da memoria e un parón en moitas liñas de traballo que se estaban a manter ("·Nomes e voces", exhumacións, musealización, lugares da memoria, etc...). Isto esixiu unha maior coordinación da IGM en canto a defender uns mínimos de serviran para manter as conquistas logradas e avanzar no camiño da verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición. Non só a IGM pretende ser un espazo de reivindicación a quen a noso xuízo ten a responsabilidade de satisfacer estas demandas, as Administracións, senón tamén como xeito de optimizar as iniciativas sociais encamiñadas a estes obxectivos. En 2010 apróbase a declaración de principios da IGM que é feita pública na homenaxe nacional ás vítimas do franquismo que anulamente se celebra en San Simón.

Declaración de principios da IGM
- Condena do franquismo, que foi declarado en decembro de 1946 pola ONU como un réxime criminal.
- Recoñecemento explícito da resistencia antifranquista e de todas as persoas que loitaron pola liberdade.
- Declaración da nulidade dos xuízos franquistas, de todos os procesamentos, sentenzas, expedientes, condenas e sancións, tanto durante a Guerra Civil como na posterior Ditadura, ate a aprobación da Constitución española no ano 1978.
- Aplicación do dereito internacional sobre as vítimas da represión franquista, incompatible con calquera mecanismo de impunidade: imprescritibilidade, dereito a saber, dereito á xustiza, dereito á reparación.
- Consideración dos crimes do franquismo como delitos contra a humanidade.
- Obrigatoriedade para todas as administracións (central, autonómica e local) de retirar dos espazos públicos os símbolos franquistas e as referencias ás persoas relacionadas coa Ditadura.
- Apoio á conservación e potenciamento dos arquivos da memoria, tanto públicos como de partidos, sindicatos, fundacións e outras entidades.
- Instar á Administración a que apoie aos familiares das vítimas da represión na procura de información, presentación de reclamacións, etc.
- Intervención pública das distintas administracións nos labores de localización, identificación das foxas de enterramentos das vítimas do franquismo e, no seu caso, exhumación, divulgando os resultados; elaboración dun protocolo de actuación científica multidisciplinar.
- Revisión dos currículos escolares, fomentando e apoiando a elaboración de materiais didácticos sobre o período republicano, a sublevación militar fascista, a Ditadura e a resistencia antifranquista.
- Regulación da apoloxía do franquismo como delito e prohibición de toda exaltación do mesmo.
- Anulación, seguindo a recomendación da Comisión de Dereitos Humanos da ONU datada o 30/10/2008, da Lei de Amnistía do ano 1977.
En base á devandita declaración de principios, os colectivos acordan presentar as seguintes reivindicacións á Xunta de Galicia:
a) Completar o Proxecto xa iniciado pola Consellería de Cultura denominado “As Vítimas, Os Nomes, As Voces, Os Lugares” relativo á represión franquista en Galicia, coa publicación dos seus resultados, conservando o 100% do seu financiamento.
b) Elaboración por parte do Parlamento Galego dunha Lei para a creación dun Centro da Memoria de carácter público, cuxa finalidade sexa a investigación, a documentación e a divulgación da memoria da represión franquista no noso país, así como a promoción de políticas públicas de memoria .
c) Elaboración dunha Lei específica galega, como xa teñen outras comunidades, sobre ás vítimas da represión franquista, que amplíe os dereitos recoñecidos pola lei estatal.
d) Potenciamento de toda a infraestrutura (oficinas) de atención ás vítimas do franquismo, así como facilitar as xestións para solicitar as axudas e recoñecemento que contempla a lei da Memoria Histórica.
e) En aplicación da Lei da Memoria Histórica, elaboración pola Xunta dun catálogo de todas as rúas de Galicia relacionadas co franquismo, así como monumentos, estatuas, escudos, etc. de exaltación da Ditadura e do levantamento militar de 1936, establecendo un plan para a súa eliminación.
f). Continuidade do Convenio coa Universidade de Santiago e o Instituto de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da represión franquista. Aplicación da Lei aprobada pola Xunta sobre as foxas. Sinatura do convenio de colaboración co Estado para a localización e exhumación das vítimas, que xa foi cumprimentado por varias comunidades autónomas.
g) Apertura inmediata ao público do Pazo de Meirás e aplicación das sancións correspondentes no caso de que a familia Franco continúe coa súa política dilatoria. Que a Xunta realice xestións para a recuperación do Pazo para o patrimonio público.
h) Promoción por parte da Xunta da investigación para a recuperación da Memoria Histórica, así como o fomento da axuda e colaboración para actividades e iniciativas promovidas por entidades, asociacións e institucións sobre o recoñecemento das vítimas da represión franquista.
i) Consolidar a Illa de San Simón como Lugar de Memoria de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido. Isto concrétase en:
- Respectar a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as distintas propostas estéticas xa realizadas.
- Potenciar a Illa como espazo para a realización de actividades relacionadas coa recuperación da memoria histórica, facilitando as visitas de grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.
- Levar a cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaría da Illa de San Simón, incorporando a documentación histórica depositada en malas condicións no Centro Penitenciario de A Lama.
- Facilitar a realización do acto que, dende o ano 2006, vén celebrándose o 18 de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en Galicia.
Illa de San Simón, a 18 de Xullo de 2010
Declaración de Vilaboa
A historia dun país, unha democracia digna de tal nome, non se pode construír sobre o silencio, sobre o esquecemento das vítimas da represión, sobre a ocultación e a desmemoria que aínda perviven hoxe, 79 anos despois do golpe militar fascista, 40 anos após a morte do Ditador.
Proclamámolo aquí, á beira da ría de Vigo, a maior foxa común de Galiza, estación última dos corpos de ducias de sindicalistas, obreiros, traballadores fondeados nas augas deste mar frío, fermoso e profundo. Depósito de loitadores pola República e a liberdade cuxos corpos nunca voltaron.
Berrámolo aquí, fronte ao Lazareto, “a illa dos amores para a morte confiscada”, lugar de prisión, de sufrimento, de humillación, de fame, de frío, de morte. Da morte que presentiron os que saíron da illa para seren fusilados en Pontevedra e en Vigo. Da morte que sufriron os que saíron da illa de noite –as noites da raposa, chamábanlle os presos- rumbo a unha curva, a unha cuneta, a unha praia da que nunca volveron.
Dicímolo alto e forte aquí, ao pé da estrada que construíron centos de presos da illa con man de obra escrava. Neste lugar de memoria que queren prohibir os herdeiros do franquismo, o continuadores da ignominia , os instauradores do Esquecemento.
E neste lugar cargado de simbolismo, de memoria e de dor, denunciamos que o sistema político vixente se instaurou sobre o esquecemento, sobre a amnesia, sobre unha amnistía que contravén o dereito internacional e os dereitos humanos.
Neste lugar anunciamos que non imos parar a nosa loita. Aquí fronte a San Simón, ao pé do cemiterio mariño, proclamamos unha vez máis a nosa decisión de seguir adiante no labor a prol da memoria histórica en Galiza. A nosa vontade de exercer con firmeza a defensa dos dereitos humanos a nivel local e no seo da Iniciativa Galega pola Memoria.
En consecuencia, e tendo en conta a singularidade do ano 2016 -80 aniversario do 36, do inicio da represión- facemos pública a seguinte táboa reivindicativa
1. Demandamos a aprobación dunha política pública da memoria de carácter estatal e por parte do goberno galego. Como punto de partida desta política, consideramos de máximo interese as recomendacións do informe do relator da ONU para os dereitos humanos, Pablo de Greiff. Entendemos portanto que a política da memoria debe fundamentarse no respecto aos dereito humanos; e particularmente no respecto ao dereito á Verdade, á Xustiza, á Reparación e a Non Repetición.
En consecuencia co anterior, esiximos a derrogación da Lei de Amnistía de 1977.
2. Reclamamos aos gobernos municipais e deputacións –nomeadamente aqueles con gobernos de esquerdas- que inclúan a política da memoria histórica nas súas prioridades políticas.
3. Esiximos ao goberno galego que a Illa de San Simón volva ser Illa da Memoria, e acolla prioritariamente actividades relacionadas coa memoria histórica. Demandamos que nas visitas á Illa se informe con amplitude sobre o seu pasado como cárcere e como corredor da morte, e sobre as sacas das que foron vítimas ducias de militantes republicanos. E que se non se organicen actividades contrarias ao respecto polas vítimas da represión.
4. Demandamos a recuperación e reactivación –con financiación do goberno galego- do Proxecto Nomes e Voces para a investigación e divulgación sobre a represión franquista en Galiza. E a difusión pública da documentación do proxecto: imaxes, documentos escritos, gravacións...
5. Solicitamos o apoio por parte do goberno galego ao labor das asociacións de recuperación da memoria histórica.
6. Apelamos a consciencia democrática de maxistrados e maxistradas para que non amparen a fascistas, integrantes activos da ditadura franquista, aínda vivos; favorecendo o seu xulgamento no noso territorio, así como a colaboración co proceso xudicial aberto desde Arxentina contra o rexime franquista.
7. Solicitamos unha decidida política de cara a facilitar o acceso aos arquivos que albergan documentación relacionada coa represión, así como a dotación de medios para a clasificación e a divulgación dos fondos na rede.
8. Esiximos a desaparición da simboloxía franquista e de todo tipo de elementos que lembren a Ditadura e sexan ofensivos para as vítimas: nomes de rúas e praza, monumentos, símbolos...
9. Propoñemos a organización ao longo de 2016 -en colaboración con concellos e deputacións- dun programa de actividades de investigación, divulgación e homenaxe sobre as vítimas do franquismo. No que atinxe á divulgación, prestarase especial atención aos centros educativos. Neste eido, solicitamos a inclusión na programación dos diferentes niveis educativos, de materiais pedagóxicos sobre a historia recente, sobre o golpe militar do 36, e sobre as súas causas e consecuencias.
10. Demandamos a creación dunha rede galega de Lugares da Memoria, sinalizados mediante unha imaxe e simboloxía común. E a edición dun mapa guía dos Lugares da Memoria Democrática de Galiza.
Nesta iniciativa daráselle prioridade a lugares de represión, lugares de resistencia, espazos de solidariedade, foxas comúns, e a ría de Vigo como a maior foxa común de Galiza.
Aquí estamos, seguindo o ronsel que deixaron tantos homes e mulleres valentes, solidarias, xenerosos. En pé de loita, coma eles e elas, que retornan con nós da noite do esquecemento para convertírense en fachos de luz.
Fronte a San Simón, ao pé da ría, en Vilaboa, aquí estamos. Para reclamar Xustiza, Verdade, Reparación. E Memoria, sempre.
Iniciativa Galega pola Memoria
Vilaboa, 28 de novembro de 2015.