Garantías de non repetición, non á apoloxía dos crimes do franquismo e o negacionismo
Os “Principios e directrices básicos sobre o dereito das vítimas de violacións manifestas das normas internacionais de dereitos humanos e de violacións graves do Dereito Internacional Humanitario a interpoñer recursos e obter reparación” (ou “Principios de Reparación”) e o “Conxunto de principios actualizados para a protección e a promoción dos dereitos humanos mediante a loita
contra a impunidade” (ou “Principios contra a Impunidade”) sistematizan as obrigacións internacionais dos Estados en materia de garantías de non repetición. Non sobra recordar que os “Principios de Reparación” estipulan no seu preámbulo que estes non crean novas obrigacións senón que prescriben as modalidades e procedementos para o seu cumprimento.
A obrigación do Estado de prover garantías de non repetición por graves violacións de dereitos humanos e crimes baixo o Dereito Internacional está directamente vinculada coa obrigación do Estado de adecuar o seu aparello estatal, a súa lexislación e as súas prácticas para garantir
o pleno e efectivo goce dos dereitos humanos e o cumprimento das súas obrigacións internacionais. Para iso compre:

- Depurar a todos os funcionarios e cargos públicos do Estado que estean involucrados na violación de dereitos humanos durante o franquismo, ou en conspiracións e tramas de recuperación deste réxime de terror, e sancionar debidamente a aqueles que tendo responsabilidades públicas negan ou xustifican os crimes franquistas.
- Erradicación da simboloxía que exalte e xustifique o franquismo. Prohibición de actos de homenaxe ao franquismo.
- A subordinación das Forzas Militares ao poder civil é unha das condicións sine qua non para a vixencia dos dereitos humanos e do Estado de dereito.
- Fotalecemento da democracia e das liberdades políticas, ampliando e garantíndo os dereitos civís e sociais.