Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en San Simón 2010

As Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria realizarán este 18 de xullo na Illa de San Simón unha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, seguindo a xeira comezada no 2006 -o ano da memoria- dedicado especialmente nesta ocasión a lembrar as familias dos represaliados que tiveron e teñen que sufrir as consecuencias do acontecido ao seu parente. Consecuencias polas que aínda hoxe non foron resarcidos.

O levantamento fascista escolleu precisamente esta data do 18 de xullo como fundacional dunha orde antidemocrática e xerárquica, que aínda na actualidade non foi debidamente desmontada, tal como acredita a simboloxía que segue a presidir espazos públicos, a pesares de que a chamada lei da memoria impón eliminar. Para o movemento memorialista o 18 de xullo de 1936 comezou unha infamia que debe ser recordada, facendo aboiar a verdade silenciada e restaurando a honra calumniada dos demócratas perseguidos. Por isto se escolle a Illa de San Simón, un dos moitos lugares da memoria que lamentablemente ten o noso país, mais que pola concentración no tempo e no espazo que se produciu aquí nos momentos álxidos da represión, e polos acontecementos de illamento, arbitrariedade e brutalidade que aquí tiveron lugar, simboliza a realidade vivida en toda Galiza. Por iso as asociacións de recuperación da memoria histórica insistimos en manter viva a chama da memoria nesta illa.

Participarán nestes actos 300 persoas, membros das diferentes asociacións adheridas á IGM, e que embarcarán desde o porto de Cesantes a partir das 9:30 da mañá. Ás 11:00 da mañá comezarán os actos co seguinte programa:


PROGRAMA DE ACTOS:


11:00 H. SALÓN DE ACTOS

    Saúdo de benvida do Xerente da Fundación Illa de San Simón

    Presentación: Comba Campoy (Xustificación do acto)

        Intervención en representación das familias dos represaliados

            Antonio Monroy Álvarez.

                É fillo de Adolfo Monroy Figueroa, dirixente do sindicato de industrias pesqueiras da CNT, asasinado ás portas do cemiterio municipal de Mos, na madrugada do 10 de novembro do 1936. Antonio é o oitavo dos nove fillos e fillas do matrimonio formado por Adolfo Monroy e Josefa Álvarez, e daquela aínda non contaba catro anos de vida. Aida que neno foi testemuña do sufrimento da súa nai, e, criándose nun ambiente de incomprensión e pobreza.

        Intervención en representación dos presos da Illa de San Simón

            Heriberto Rodríguez Bermejo.

                Guimarei-A Estrada, 1913. Despois do golpe de estado de 1936 aprésano na Estrada e reclúeno nos cárceres do Lazareto de San Simón, Santiago e Pontevedra, pasa despois a batallóns de Traballadores en Canarias e Marrocos. Ao saír da cadea pasa un tempo na Estrada e logo, pola presión á que era sometido polos falanxistas locais emigra a Arxentina, de onde regresa anos despois, para establecer o seu domicilio de novo na vila pontevedresa.

        Recital poético:

            Carmen Blanco

                Neta de avós represaliados (un deles preso nun barco que puido ser o Upo Mendi en San Simón) autora de libros sobre a memoria como VERMELLA CON LOBOS e ATRACCIÓN TOTAL

            Claudio Rodríguez Fer

                Fillo de represaliado, autor de libros sobre a memoria como A LOITA CONTINÚA e ÁMOTE VERMELLA

        Actuación Musical:

            A Quenlla

                Ligazón coa súa páxina. Grupo implicado co movemento memorialista co que colabora continuamente e membro adherido á IGM.

        Lectura da declaración de principios acordada polas entidades adheridas a IGM

            Xosé Lois Santos Cabana

                Da Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e defensa do Patrimonio Inmaterial A Oliveira

    Ofrenda floral: Cemiterio da Illa, na Illa de San Antón.

            Roteiro até o cemiterio lembrando a prisión:

                Heriberto Rodríguez e Matías Da Torre

            Lectura da táboa reivindicativa da IGM

                Manuel Monge

                    Presidente da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
Powered by Create your own unique website with customizable templates.