Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Conclusións  das xornadas o dereito a saber, a liberdade investigar

Imagen
1. Os feitos aos que se chegue a través da metodoloxía científica da historiografía non poden ser enxuizados polos tribunais de xustiza, amparando tamén o científico – historiador os dereitos de liberdade de expresión e de liberdade de creación científica para realizar opinións ou críticas subxectivas sobre tales feitos e as súas causas e consecuencias

2. Propoñemos que se incorpore a todas as actuacións lexislativas e administrativas os principios descritos no Informe de Diane Orentlichar como ampliación do “conxunto de principios actualizados para a protección e a promoción dos dereitos humanos mediante a loita contra a impunidade” da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas no seu 61º período de sesións.

3. É preciso o apoio institucional manifesto ao movemento pola recuperación da memoria

4. Propoñemos que aos historiadores e asociacións que traballen na recuperación da memoria dos feitos acontecidos entre 1936 e 1978 se lle recoñezan lexislativamente os seguintes de retos específicos:

  • O acceso sen restricións a tódolos arquivos
  • A efectuar visitas a todos os lugares de interese para as súas investigacións
  • A producir e obter as probas pertinentes para a reconstrución da Memoria e a honra das vítimas
  • O amparo xudicial inmediato para cando estea en perigo algún tipo de proba que poida valer para reconstruír a memoria relativa a ese período histórico.
  • O auxilio económico do Estado para todas as actuacións dirixidas a probar feitos ou actividades relativas a este período e que se deriven de violacións dos dereitos humanos.
  • A garantía, conforme ao procedemento que se estableza, para conservar o anonimato das fontes das que se obteñan, ou pidan obter, datos conforme a criterios amparados pola ciencia histórica.

5.- Finalmente, consideramos que é básico o establecemento de puntos de encontro, redes de unión entre historiadores, investigadores e colectivos de recuperación da memoria e  divulgadores da represión franquista, co obxectivo de cooperar con máis intensidade, mantendo total solidariedade perante os encausamentos xudiciais dos nomeados.

O Grove, 22 de setembro de 2007

Powered by Create your own unique website with customizable templates.