Dereito de reparación integral
É un principio xeral do Dereito Internacional, recoñecido desde longa data, que toda violación a unha obrigación internacional entraña a obrigación de prover reparación. O Dereito Internacional dos Dereitos Humanos non escapa á aplicación deste principio xeral e a transgresión da obrigación de garantir o goce efectivo dos dereitos humanos e de absterse de conculcalos entraña a obrigación de prover reparación. Esta obrigación non soamente está consagrada nos tratados e instrumentos internacionais senón, como o ten reiteradamente sinalado a xurisprudencia internacional de dereitos humanos, é norma do dereito internacional consuetudinario que ten carácter imperativo. Así mesmo, o Dereito Internacional prescribe que o outorgamento de reparación aos vítimas non exonera ao Estado de cumprir coas súas obrigacións de investigar, xulgar e castigar.
Os Principios e directrices básicos sobre o dereito das vítimas de violacións manifestas das normas internacionais de dereitos humanos e de violacións graves do dereito internacional humanitario a interpoñer recursos e obter reparacións, que constitúen a referencia xurídica na materia, sistematizaron as obrigacións en materia de reparación que impón o Dereito Internacional por violacións tanto de dereitos humanos como do Dereito Internacional Humanitario.
A reparación debe ser integral. Isto significa que se deben reparar todos os danos causados coa violación de dereitos humanos ou o crime baixo o dereito internacional cometido, isto é, tanto o dano material como o moral. A reparación debe ser adecuada e proporcional, xusta e pronta, e pode ser individual ou colectiva, segundo a natureza do dereito violado e do conxunto humano afectado. Así, por exemplo, o pobo galego ten dereito a medidas de compensación colectiva atendendo ao dano causado polas décadas de persecución da lingua propia, da súa produción cultural, o espolio do seu patrimonio común, e a destrución das súas institucións e organizacións.
As modalidades de reparación son diversas e abarcan: a restitución, a indemnización, a rehabilitación e a satisfacción. Ten dereito á reparación: Toda persoa que sufra danos, individual ou colectivamente, incluídas lesións físicas ou mentais, sufrimento emocional, perdas económicas ou menoscabo substancial dos seus dereitos fundamentais, como consecuencia de accións ou omisións que constitúan unha violación manifesta das normas internacionais de dereitos humanos ou unha violación grave do dereito internacional humanitario.
Tamén teñen dereito á reparación os familiares das vítimas das graves violacións de dereitos humanos, crimes de lesa humanidade, xenocidio e crimes de guerra, así como as persoas que sufran danos ao intervir para prestar asistencia a vítimas en perigo ou para impedir a vitimización. Así mesmo, o concepto de vítimas de titular do dereito á reparación abarca aos combatentes dos membros de grupos armados de oposición vítimas de actos e métodos prohibidos polo Dereito Internacional Humanitario e constitutivos de crimes de guerra, ata en situacións en que non foron posto fóra de combate.
As medidas de reparación tamén poden acubillar a persoas xurídicas, como partidos políticos, sindicatos e organizacións sociais ou de dereitos humanos, cando os seus membros foron perseguidos ou victimizados pola súa pertenza a elas ou polas actividades que desenvolven nestas.
Non aceptaremos ningún tipo de distinción entre vítimas establecendo categorías en función dos intereses partidistas de quen goberna por canto sería recoñecer a existencia de seres humanos de diferente condición e, xa que logo, non equiparábeis como titulares dos mesmos dereitos humanos.