O reclamo de xustiza e non esquecemento para as vítimas da ditadura franquista uniu a máis de 400 persoas este domingo no antigo campo de concentración da illa de San Simón. Convocados polas asociacións reunidas na Iniciativa Galega pola Memoria, participaron dun acto, este ano inspirado na lembranza das persoas exiliadas por causa da represión. A xuntanza, cun fondo carácter tamén emotivo, contou coa testemuño de Darío Rivas, quen aos 94 anos lidera a querela na Arxentina contra os responsables do xenocidio iniciado en 1936, entre cuxas vítimas atópase seu pai, alcalde de Castro Rei executado por falanxistas.
Nesta homenaxe anual ás vítimas, a IGM reiterou demandas centrais como a derrogación da lei de amnistía, lembrando ao Estado español que está a incumprir coas recentes recomendacións que en materia de dereitos humanos fíxolle Nacións Unidas .
Especial fincapé tivo o reclamo por devolver o carácter de lugar de memoria á illa de San Simón, un dos maiores campos de concentración montados polo franquismo entre 1936 e 1943. Pedido estendido a un debido recoñecemento ás familias da parroquia de Cesantes, pola súa labor solidaria e humanitaria naquel período cos repesaliados e as súas familias.
Os asistentes á homenaxe chegaron á illa en catro quendas dun barco que partiu do porto de San Andrés de Cobres (Vilaboa). E no mediodía comezou a homenaxe coa interpretación do Himno de Riego por parte do grupo de gaitas presente. Inmediatamente Fernando Souto (da CRMH da Coruña) fixo un resumo aos presentes das demandas históricas da IGM, para logo dar paso á lectura por parte de Queta Molas (ARMH de Marín) dun texto de Luís Bará (Asociación “A Regaduxa” de Vilaboa) que lembra o testemuño de Isabel Gómez Costas e a súa familia, veciños de Redondela, que marcharon ao exilio no ano 1937.
Darío Rivas foi presentado polo músico e mestre Mero a quen une unha afastada relación de amizade. Espazo da homenaxe altamente emotivo para eles e o público que seguiu cun silencio respectuoso a lembranza das horas difíciles que viviron esas familias de Lugo. A intervención de Darío Rivas, puxo broche final ao acto xunto coas tradicionais soltas de pombas e achegas florais que familiares e amigos das vítimas achegaron una ano máis a San Simón. Unha sentida entoación do Himno Galego pechou a homenaxe.