Estamos na Illa de San Simón, lugar de memoria do terror, da resistencia, da solidariedade.
Estamos na Illa dos amores, para a morte requisada.
Hai quen quere perpetuar o silencio e o esquecemento, mais nós estamos aquí precisamente para non permitilo. Porque queremos que a Illa sexa para sempre espazo da memoria e da liberdade de Galiza. O lugar onde triunfe a verdade para derrotar a desmemoria, o esquecemento e a mentira. O lugar da xustiza e da reparación, ás que as vítimas teñen dereito. Ás que toda sociedade democrática e libre ten dereito.
Despois de 80 anos do inicio golpe de Estado contra a República é unha necesidade inaprazábel.
É unha débeda que temos -que ten o rexime vixente- coa sociedade de hoxe e do futuro. Porque non se pode construir unha democracia sobre o esquecemento dos homes e mulleres que loitaron e se sacrificaron por ela. E non podemos nin queremos aturar por máis tempo a pervivencia da memoria construída no franquismo, o silencio cómplice da transición, o adiamento da Verdade, da Xustiza e da Reparación en nome de causas supostamente máis elevadas.
Mais é sobre todo un compromiso que adquirimos, desde a Iniciativa Galega pola Memoria, coas miles de persoas que estiveron aquí presas e coas súas familias. Coas persoas que de calquera xeito sufriron a dor do cárcere, da soidade, do illamento, da inxustiza, do terror. Coas persoas que morreron de fame e de mágoa e de abandono. Coas que foron sacadas de noite cara a unha curva ou unha cuneta da que nunca voltaron. Coas que sairon algún día con feridas no corpo e na alma que nunca sandaron... Coas que acabaron os seus días na tolemia provocada pola dor inmensa. Cos homes e coas mulleres que foron sepultados na ría, a maior foxa común de Galiza.
É un compromiso que nos deixaron de herdanza moitas persoas solidarias. As mulleres da contorna que lavaban a roupa e preparaban a comida dos encarcerados. As nais, as compañeiras, as orfas que volvían na lancha co paquete feito para os que xa non estaban. Que seguiron adiante cargando soas co peso da vida, e coa dor interminábel da memoria, para deixárnola como herdanza. A mellor das herdanzas, que temos a obriga de coidar.
Porque somos xente de memoria, de verdade, de lealdade. Somos desa xinea da Galiza resistente, que non se deixa derrotar polo relato construído polos fascistas e os seus herdeiros de hoxe.
Por iso estamos aquí, 80 anos despois, para lembrar. E para reclamar xustiza.
Por iso, desde a Iniciativa Galega pola Memoria, esiximos:

- A condena do golpe de estado militar de 1936 e do xenocidio e a ditadura fascista que provocou.
- A aprobación dunha política pública da memoria de carácter estatal e por parte do goberno galego. Como punto de partida desta política, consideramos de máximo interese as recomendacións do informe do relator da ONU para os dereitos humanos, Pablo de Greiff. Entendemos por tanto que a política da memoria debe fundamentarse no respecto aos dereito humanos; e particularmente no respecto ao dereito á Verdade, á Xustiza, á Reparación e a Non Repetición. En consecuencia co anterior, esiximos a derrogación da Lei de Amnistía de 1977.
- A eliminación, supresión ou anulación dos acordos, distincións e símbolos que reflictan a adhesión e colaboración de entidades e institucións coa Ditadura.
- O compromiso dos poderes públicos en xeral, e da administración de xustiza en particular, a prol da recuperación da memoria histórica e do dereito ao coñecemento da verdade, ao exercicio da xustiza seguindo o criterio de non prescrición dos delictos de lesa humanidade, e á reparación de todas as vítimas.
- A denominación oficial de San Simón como Illa da Memoria, convertíndoa así en espazo simbólico da memoria colectiva da represión, da resistencia e da solidariedade. E o desenvolvemento na illa dun programa anual de actividades arredor desta temática.