A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña informa de tres actos que terán lugar esta semana:
- Martes, 1 de decembro . A partir das 19.00 h., na rúa General Mola (que deixará definitivamente de molar a partir desa hora), o Concello da Coruña celebrará o acto de substitución/eliminación da terminoloxía franquista que nomea esa rúa, cambiándoa pola de rúa ÁLVARO CEBREIRO (debuxante, caricaturista, xornalista gráfico coruñés). Tamén será eliminada/substituída o nome da praza do general Mola, pasando a recuperar a devandita praza o seu nome tradicional: Praza de Santo André.
- Xoves, 3 de decembro. A partir tamén das 19.00 h., a rúa Juan Canalejo perderá o seu sinistro nome -pertencente ao do fundador da Falange na Coruña-, pasando a chamarse Rúa SOCORRO,recuperando tamén así o seu nome tradicional.
Tamén aproveito para publicitar outro acto impulsado polo concello da Coruña, coa colaboración da CRMH.
O xoves, 3 de decembro, a partir das 20.30 h., haberá un acto no Fórum Metropolitano de homenaxe aos fotógrafos coruñeses Julio e Paco Souza Fernández, tamén coñecidos polo nome de"Hermanos Mayo". Este acto será presentado polo concelleiro de Cultura e Deportes da Coruña,Xosé Manuel Sande, e constará da proxección dun documental, da autoría do fotógrafo coruñésXurxo Lobato, quen participará no posterior debate xunto con Rubén Afonso, secretario da CRMH da Coruña.