Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Anguieiro,  lugar de resistencia republicana e  lugar  de morte pola liberdade.

8/30/2015

0 Comments

 

Manifesto

Imagen
Vítimas de Anguieiro, “honor para vosoutros”, porque fostedes o mellor deste pobo e ninguén pode menosprezarvos nin esquecervos.

A pesar dos 79 anos transcorridos, hai unha desleixo cara ás vítimas da guerra civil, do franquismo e da Segunda Guerra Mundial, estamos volvendo ao pasado. Hai ausencia de discurso nos partidos políticos e organizacións sociais.

Todas ás vítimas matáronas por defender a liberdade. As 11 vítimas de Anguieiro aplicáronlles a condena a morte sen xuízo. Estes, como outros cangueses defensores do lexitimo goberno republicano, o día 20 de xullo de 1936 fixeron un pequeno foco de resistencia na estrada de Cangas a Pontevedra no lugar da fonte de Anguieiro. O obxectivo da resistencia era impedir o paso dunha posible columna de mariñeiría do Polígono de Tiro Janer de Marín para tomar Cangas. Ás 23 horas chégalles a mala noticia de que Cangas estaba tomada polas forzas de seguridade ( garda civil, carabineiros e gardas municipais) que se pasaran ao bando dos insurrectos.

“El restablecimiento del principio de autoridad exige inexcusablemente que los castigos sean ejemplares, por la seriedad con que se impondrán y la rapidez con que se llevarán a cabo, sin titubeos ni vacilaciones”, poñía a proclama para a declaración do estado de guerra do xeneral Mola o 19 de xullo de 1936. A partir desas datas os golpistas puxeron fin a un tempo político de liberdades iniciado en abril de 1931 e fortalecido coa vitoria das esquerdas nas eleccións de febreiro de 1936. Os fascistas instauraron e lexitimaron as súas accións prioritarias como o uso da violencia e a vulneración dos dereitos humanos, pois non dubidaron en suprimir os dereitos individuais, e transformarse en criminais implantando o caos e a morte.

O asasinato dos once de Anguieiro na noite do 27 o 28 de agosto do 1936 foi un suceso salvaxe e desprezable, cometido polos falanxistas de Cangas baixo as ordes do alemán Bruno Sveiger, coñecido polas súas atrocidades como o carniceiro do Morrazo.

Fai falta traer unha vez máis ao presente a memoria de:

Secundino  Ruibal  Villar ,38 anos, canteiro, veciño de San Pedro, Darbo, casado.   

Nornandino Núñez Martínez 46 anos, veciño da rúa Sol, Cangas, mariñeiro afiliado a Alianza Mariñeira / CNT . O seu corpo apareceu o 16 de outubro, no Rexistro Civil de Cangas con data de 9/11/1936. Consta como“morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”.   

José Nores Rodríguez, 16 anos, albanel veciño da rúa Liberdade, Cangas, solteiro, detido na casa dos seus pais o 27 de agosto.    

José  Martinez Pazó, 26 anos, canteiro PSO , veciño de San Pedro, Darbo. Casado.  O seu corpo apareceu o 16 de outubro,no Rexistro Civil de Cangas con data de 9/11/1936 consta como “morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”.   

Alejandro Martínez Pazó, 19 anos, canteiro PSO, veciño de San Pedro, Darbo. Solteiro.  

Daniel González Graña, 24 anos, ,veciño de Cangas, mariñeiro afiliado a Alianza Mariñeira /CNT. Solteiro. Detido o 27 de agosto. O seu corpo apareceu o 16 de outubro, no Rexistro Civil de Cangas con data de 9/11/1936 consta como“morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”, no 1936 os militares ábrenlle causa “por ser membro del comité do Frente Popular”. Despois de morto a mariña de guerra abriulle causa por ser da quinta do 1933 “por non presentarse”.

Guillermo Fernández Fernández, 27 anos, albanel, PSO, veciño de Seixo, Darbo. Solteiro. Detido o día 27 por falanxistas e gardas civís na casa do seus pais en Seixo, Darbo.  No ano 1937, despois de morto, a Mariña abriulle causa por deserción. 

Antonio Blanco Rodal, 26 anos, mariñeiro, veciño da rúa Síngulis, Cangas. Casado. Detido no peirao de Cangas cando regresaba de pescar. O seu cadáver apareceu o 16 de outubro e no Rexistro Civil de Cangas, con data de 9/11/1936, consta como“morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”.    

Eugenio Bastos Fernández, 18 anos, mecánico do estaleiro de Barreras , afiliado ás Xuventudes Socialistas Unificadas, veciño de rúa Rastro, Cangas. Solteiro.

Estanislao Ferreiro Núñez , 24 anos, canteiro, veciño de San Pedro, Darbo. Solteiro. Detido polos falanxistas e un garda civil o 26 de agosto ás dúas da madrugada na casa dos seus pais en San Pedro.  

Antonio Ferreiro Núñez, 32 anos, canteiro, veciño de San Pedro, Darbo. Casado. Detido polos falanxistas e un garda civil o 26 de agosto  ás dúas da madrugada na casa dos seus pais en San Pedro. O seu corpo apareceu o 16 de outubro e no Rexistro Civil de Cangas, con data de 9/11/1936, consta como“morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”.

O Estado non debe ignorar as súas obrigacións, e debe garantir a reparación das vítimas, pois, sendo unha exixencia democrática, varias décadas despois seguimos atopando obstáculos case infranqueables. Por riba, o 5 de outubro de 2013 o alcalde de Baralla, Lugo (gobernado polo PP), o señor Manuel José González Capón pronunciou no pleno municipal unhas desafortunadas declaracións contra ás vítimas, sostendo que “os que foron condenados a morte” durante o franquismo “ sería que o merecían”.

O dereito do Estado é establecer normas penais e exixir o cumprimento delas máis a “lei de Amnistía” de 1977, é un parapeto xudicial en defensa do franquismo e representa a renuncia do Estado ao exercicio do dereito ó castigo, pois esta lei impide “constitucionalmente” resolver aquel dilatado conflito criminal dunha forma pacífica e institucional. A busca de solucións parece que está fóra de toda discusión política.

Non miredes para outro lado… isto vai para todos.

Finalmente, na memoria dos once de Angueiro, é necesario que se entenda que a xustiza e o contrario da vinganza. 

0 Comments



Leave a Reply.

    Imagem

    IGM

    Iniciativa Galega pola Memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Fuente RSS

Powered by Create your own unique website with customizable templates.