Con motivo do 80 aniversario dos asasinatos da Casa da Torre (queima do alboio na que o 12 de decembro de 1936 os civicos e garda civil mataron a Manuel Gómez Corbacho e a Manuel Méndez Montes) e do posterior fusilamento o 14 de decembro dos propietarios da casa refuxio (Ramón e Consuelo Acuña) e de Elvira Lodeiro (compañeira de Gómez Corbacho) o 19 de decembro, o concello de Pontevedra organiza mañá sábado 17 de decembro unha homenaxe colectiva ás vítimas da represión franquista na parroquia de Salcedo, co seguinte programa:
- 11 h Salcedo, no lugar da Ruibal (acceso á Torre). Na estrada que sube desde Mollavao á Chamusca. Percorrido por lugares da memoria e descubrimento dun panel de homenaxe ás vítimas e ás súas familias. Intervencións de Pepe Álvarez Castro e Montse Fajardo. Actuación musical de Óscar Ibáñez Trío
- 11.45 h. No cemiterio parroquial de Salcedo. Ofrenda de flores, candeas e música e intervención de representantes de familias.
- 12.15 h. Na Casa Verde, centro social paroquial. Proxección audiovisual, intervención de representantes de familias e actuación musical de Óscar Ibáñez Trío.