Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

A Iniciativa Galega pola Memoria rexeita a equiparación de vítimas e verdugos en actos como o aprobado pola corporación de Cerdedo-Cotobade

7/3/2017

3 Comments

 

A IGM cree que tras 40 anos de ditadura, e outros 40 nos que nas institucións predominou a desmemoria, asistimos a un novo castigo “oficial” ás vítimas:  a perpetuación do discurso franquista baixo a apariencia de homenaxe “neutral”

Imagem
“Que unha corporación local pretenda equiparar a quen provocou unha ditadura de corenta anos con quen defendeu os dereitos e as liberdades parécenos unha nova burla ás vítimas do fascismo español e ás súas familias”, di a IGM, que conta para a denuncia co respaldo de familiares das vítimas dese concello

Pontevedra, 29 de xuño de 2017.- A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), que agrupa colectivos de toda Galiza, quere amosar o seu total rexeitamento a actos que supoñan a equiparación das vítimas do franquismo e os seus verdugos, como o que vén de aprobar en sesión plenaria a corporación municipal de Cerdedo-Cotobade para Ponte do Barco-Pedre. 
Ponte do Barco-Pedre é un lugar de represión franquista e un símbolo da memoria democrática galega. No ano 2006 colocouse alí un monolito que lembra o asasinato, o 13 de agosto de 1936, dos sindicalistas da CNT de Cerdedo Francisco Arca e Secundino Bugallo. Promovido pola asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido e sufragado por suscrición popular, o monolito foi obxecto de numerosas agresións fascistas e restaurado e reposto en diversas ocasións pola entidade. 
Ao seu carón celébrase desde hai anos, e por iniciativa popular, unha convocatoria na memoria das persoas que sufriron a represión franquista, mais no último pleno da corporación que preside Jorge Cubela aprobouse por unanimidade apropiarse do acto en cuestión, para, a partir deste ano, convertelo nunha “homenaxe formal a todas as vítimas”, deturpando o seu sentido e finalidade, e obviando incluso as recomendacións que ten feito o relator especial da ONU para este tipo de actuacións. 
O acordo xurdiu dunha moción socialista enmendada polo Partido Popular de tal xeito que vén a perpetuar o discurso franquista de dous bandos equidistantes enfrontados, sen facer distinción entre as persoas que foron asasinadas por defender a legalidade republicana e as que apoiaron un golpe de Estado que na Galiza non derivou en Guerra Civil senón nun brutal xenocidio que custou a vida a máis de cinco mil persoas e condenou a moitos milleiros ao agocho, o cárcere, o exilio, o ostracismo, a depuración laboral e unha morea de torturas. Crear un novo marco de homenaxes carentes de contexto ou que o terxiversan supón un total descoñecemento da memoria democrática ou o que é peor, unha total incoherencia política.
Parece esquecer o acordo que a realidade é que todas as persoas asasinadas no territorio galego defendían as liberdades e que todas as que morreron no campo de batalla tamén son vítimas dun golpe de Estado: o dado en xullo de 1936 por parte da xerarquía militar, co apoio do capital e a igrexa cómplice, para pór freo aos avances sociais que na loita contra a desigualde ía dando a II República. Que unha corporación local pretenda equiparar a quen provocou unha ditadura de corenta anos con quen defendeu os principios democráticos que dita corporación debería representar, parécenos unha nova burla ás vítimas do fascismo español e ás súas familias, máis aínda cando tal decisión, que muda por completo o contido do acto e do monumento, tómase sen ter en conta ás familias das vítimas.
Tras corenta anos de ditadura, e outros corenta no que nas institucións oficiais predominou a desmemoria, asistimos a unha nova ofensa ás vítimas, que a día de hoxe aínda non foron recoñecidas xurídica e socialmente como tais: a perpetuación do discurso franquista baixo a apariencia de homenaxe “neutral”. Pero a neutralidade é contraria á memoria, equipara a vítimas e verdugos e, neste caso, pretende substituír unha verdadeira homenaxe aos defensores da legalidade republicana cun acto no que se lles xunta cos seus represores ou con outros partidarios dos golpistas falecidos na contenda, que, por certo, xa foron homenaxeados e reparados dabondo polo réxime de Franco. Só é memoria o relato da verdade, e calquera formación política que ampare acordos como o de Cerdedo Cotobade non fai máis que converterse en cómplice da perpetuación da aldraxe.
Teñen tan claro que non apostarán pola memoria que especifican no acordo que non darán nin un céntimo de euro para sufragar a suposta homenaxe. E o que é peor, néganse a retirar os honores ao ex alcalde franquista, Manuel Gutiérrez, a pesar de que dous xulgados xa dictaminaron que non hai ofensa ningunha en incluílo entre os responsábeis da barbarie. En definitiva, lonxe de honrar a memoria, o acordo da corporación de Cerdedo ampara a impunidade dos autores das represalias e perpetúa o abandono das familias esquecidas. 
A Iniciativa Galega pola Memoria lamenta que desde organismos oficiais se fomenten actuacións deste tipo no canto de apoiar as homenaxes que veñen facendo as familias e as asociacións de memoria desde hai anos, e por iso prega ás agrupacións políticas que o consentiron, un cambio de rumbo.
3 Comments
Xosé L. Rivas, Mini
7/13/2017 03:09:05 pm

Despropósito e ofensa a tanta decencia e dignidade asasinadas. Ignorancia ou mala fe?

Reply
Lourenzo Fernandez Prieto
7/13/2017 10:58:26 pm

Negar as vitimas que o foron e volver matalas. Un golpe de estado non twn xustificacion. Estes mortos non morreron nunha guerra, mataronos moi lonxe da fronte. Intolerable e ignorante

Reply
Xoel vazquez
7/16/2017 11:59:44 pm

Non sei de onde sae tal bulo, pero non é certo, non teriamos aprobado tal cousa. A moción pasou tal cual e é extremadamente clara:

"Durante a represión franquista producida durante a Guerra Civil e posguerra mais de 20 veciños do Concello de Cerdedo foron asasinados vilmente e mais de 136 tiveron que exiliarse única e exclusivamente polas súas ideas.

70 anos despois estes veciños non so seguen sen ver recoñecida a súa dignidade e labor de defensa do pobo senón que continúan condeados a sombra e ostracismo polo propio concello.

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Cerdedo-Cotobade somete a votación a seguinte MOCIÓN para ser aprobada e na que se insta corporación municipal a adoptar o seguinte acordo:

Acordar o recoñecemento de todos estes veciños a través dun acto publico na súa honra cada 13 de Agosto, data na que foron fusilados Francisco Arca e Secundino Bugallo na Ponte do Barco de Pedre."

Non sei que acabará facendo o concello, se cumplirá a palabra, ou non pero o sentido da moción e inequivoco e non foi enmendada. Homenaxear e recoñecer, por primeira vez na historia de Cerdedo, as victimas do franquismo, os represaliados todos. Tanto é así, que Balseiros a piques estivo de votar en contra. A unica dubida foi unha pregunta de Cubela se a pretensión era un acto as victimas todas do franquismo ou solo a Francisco Arca e Secundino Bugallo, punto.

E máis, durante a exposición de motivos dixen eu personalmente que non hai excusa para falar das "victimas de guerra" porque en Galicia non existiu tal guerra, tan so asasinato e represalia.

Rogaria os membros de igm que se informasen antes de emitir comunicados coma este.

Reply



Leave a Reply.

    Imagem

    IGM

    Iniciativa Galega pola Memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Fuente RSS

Powered by Create your own unique website with customizable templates.