As catrocentas persoas que asistiron ao acto nacional, celebrado onte no vello campo de concentración, sacáronse fotografías con cartelas con lemas como “San Simón non é un parque de atraccións” que xa están sendo compartidos nas redes. Ademais iniciarase unha recollida de sinaturas
A escritora Susana Sánchez Arins, que foi a encargada de intervir na homenaxe nacional deste ano, reivindicou a través dun emotivo relato familiar, a implicación da xeración das netas do 36 na procura do verdadeiro relato do que pasou tras o golpe de Estado, “aínda que afecte ás nosas familias”
A campaña iniciouse coincidindo co acto nacional en memoria das vítimas do terror franquista que a IGM celebrou na mañá de onte na illa e que contou coa presenza de arredor de catrocentas persoas, entre elas, o parlamentario Luís Bará (BNG), a parlamentaria Ángeles Cuña Bóveda (En Marea), a deputada de Cultura da Coruña Goretti Sanmartín e o seu homólogo pontevedrés Xosé Leal. Os catro sumáronse á campaña fotografándose con cartelas con lemas como “Polas vítimas da represión franquista, San Simón illa da memoria” ou “San Simón non é un parque de atraccións”, para a súa difusión en redes sociais. Tamén o fixeron escritores como Xosé Álvarez Cáccamo, César Calvar ou a poetisa Susana Sánchez Arins, así como representantes de todos os colectivos agrupados na IGM.
A Iniciativa denunciou no acto que iniciaba a campaña “para loitar contra o humillante trato que a administración autonómica dá ás vítimas do terror franquista, convertendo este lugar de represión e memoria nun parque de atraccións, con ginkanas para que as nenas e os nenos vaian na procura dun tesouro ou con excursión nas que as persoas participantes non reciben explicación ningunha do que foi esta illa no tempo do terror”. E advertiu que denunciará “cada acto contrario á memoria que a Xunta poña en marcha. Recolleremos sinaturas e esixiremos á administración que cambie de rumbo”.
A IGM, que tivo palabras de lembranza para Marivi Villaverde, Ana Viéitez, Lola Rodal, e Joaquina Dorado, loitadoras pola memoria falecidas recentemente, recoñeceuse na obriga de seguir o seu legado e proclamou que a posta en marcha desta campaña será “ só un primeiro paso para lograr pór fin á impunidade que durante corenta anos deu ao franquismo esta feble e desmemoriada democracia”.Dálles folgo, dixeron, boas novas para a memoria como o informe do relator da ONU, a recente anulación de xuízos franquistas polo Parlament Catalá ou a lección de dignidade de Ascensión Mendieta.
Campos de concentración
O acto de onte estivo dedicado a lembrar os campos de concentración que o franquismo habilitou na Galiza, empezando pola propia illa de San Simón, na que estiveron retidas máis de seis mil persoas entre os anos 1936 e 1943.A marinense Enriqueta Otero Molas aportou datos sobre o campo de Ferrol facilitados pola asociación de familiares de marinos vítimas base naval Ferrol, e a escritora Susana Sánchez Arins puxo o broche de ouro ao acto cunha emocionante intervención na que, a través do relato da historia familiar, especialmente da súa tía Pilar Arines, unha das moitas mulleres da contorna que axudou aos presos de San Simón, pregou pola implicación “da xeración das netas” do 36 na procura do verdadeiro relato do que pasou, “aínda que afecte ás nosas familias”. Sánchez Arins é a autora do libro “Seique” no que precisamente narra a implicación do irmán da súa avoa na represión fascista.

Faite unha foto cun cartel na defensa da recuperación da illa para a memoria
Illa da Memoria |