A proposta, bautizada “Cané” en memoria do orfo do pontevedrés Ramiro Paz, que loitou toda a vida porque se recoñecera ao seu pai como asasinado, busca acabar coas mentiras das hemorraxias internas e que se recolla como falecidas ás persoas que seguen desaparecidas tras 80 anos
O ente, que agrupa a asociacións de memoria de toda Galiza, celebrou o sábado na Deputación, coa presenza de Xosé Leal, unha xuntanza extraordinaria onde volveu denunciar a nula política de memoria de Xunta e Estado e fixou as liñas de actuación en prol dos dereitos humanos das vítimas para 2017
Impulsar unha campaña a prol da verdade nos rexistros de defunción das persoas asasinadas polo fascismo tras o golpe de Estado de 1936 é unha das actividades que a Iniciativa Galega para a Memoria (IGM) porá en marcha no ano 2017. Así se decidiu nunha xuntanza de traballo extraordinario que o organismo, formado por asociacións de memoria de toda Galiza, mantivo o pasado sábado, 12 de novembro, na Deputación de Pontevedra, coincidindo coa celebración no organismo pontevedrés dun acto de recoñecemento e reparación a dirixentes e persoal traballador.
No encontro, que contou coa presenza do deputado de Cultura Xosé Leal, a IGM marcou as liñas de actuación comúns para o 2017 e fixo balance do labor realizado ao longo do presente ano.
Entre o primeiro obxectivo destaca a campaña nos rexistros que persegue que nos certificados de defunción figure a causa real da morte en lugar dos actuais eufemismos macabros: “hemorraxia interna”, “destrozo cerebral” ou “acción de guerra”. Esta iniciativa levará o nome de Proposta Cané en homenaxe a Isidro Paz, fillo do impresor e concelleiro pontevedrés Ramiro Paz, fusilado polo fascismo o 12 de novembro de 1936. Isidro Paz, Cané loitou ata a súa morte para que no documento de defunción do seu pai puxese que foi fusilado en lugar de morreu por hemorraxia interna, como segue rezando actualmente. A proposta aprobouse no día en que se cumpría o 80 aniversario do fusilamento de Paz, xunto a outros nove dirixentes pontevedreses. Ademais se buscarase que se certifique a defunción das persoas que seguen como “desaparecidas” ao non recuperarse nunca os seus corpos. Por exemplo, as fondeadas polos fascistas na ría de Vigo.
Lugares da memoria e da vergoña
Outra das actividades previstas polas asociacións é a realización ao longo de 2017 do Mapa da memoria e da vergoña, tanto en versión na web como en papel. Este mapa recollerá a memoria dos lugares de represión, de resistencia, de solidariedade e de homenaxe ás vítimas. E tamén os espazos e lugares de vergoña onde oitenta anos despois do golpe fascista, seguen persistindo os símbolos do franquismo. Basearase no labor de recollida e documentación realizado polas asociacións e contará co apoio da Deputación de Pontevedra, segundo confirmou Leal.
A recollida e documentación realizarase por comarcas. Actualmente xa existen relacións de lugares de memoria nas áreas de Vigo, Val Miñor e Pontevedra.
Complementando o mapa, a Deputación de Pontevedra comprometeuse tamén a impulsar a sinalización informativa nos lugares da memoria. A idea é sinalizar cada lugar con un logotipo ou imaxe común que co tempo sexa facilmente identificábel e informar do acontecido nos lugares máis significados, como poden ser A Caeira en Pontevedra, a Volta dos Nove en Baiona ou o Pozo da Revolta en Marín, por pór só algúns exemplos, con paneis informativos e de homenaxe que teñan un deseño e materiais comúns, e no caso e non existir, a través de placas conmemorativas, que tamén manteñan a identidade corporativa da IGM.
Tamén foi importante o compromiso de colaboración amosado pola Deputación no ámbito da edición, a través da posta en marcha dunha colección de publicacións da memoria, na que as asociacións poidan editar textos memorialísticos (Diarios, memorias, biografías, estudos locais...) que teñen difícil cabida en editoriais comerciais. Unha colección que tamén levaría o logotipo ou símbolo que se elixa para a sinalización dos lugares da memoria.
O resto de liñas de traballo para o ano 2017 mantéñense en consonancia cos obxectivos fixados a principios deste ano na declaración de Vilaboa, e así, desenrolaranse accións encamiñadas a procurar apoio social e político a varias demandas, empezando pola necesidade de esixir políticas públicas da memoria de carácter estatal e galego, na actualidade totalmente inexistentes. Unhas políticas que a IGM considera deben fundamentarse no respecto aos dereitos humanos e particularmente no respecto ao dereito á verdade, á xustiza e á reparación, empezando pola derrogación da lei de amnistía de 1977.
Ademais seguirase esixindo que se recupere a illa de San Simón como Illa da Memoria, a reactivación do proxecto Nomes e Voces e a divulgación e acceso aos seus fondos. A eliminación da simboloxía franquista nos espazos públicos, e o desenrolo de accións específicas a respecto dos elementos que poñen de relevo a connivencia e adhesión da igrexa católica ao xenocidio fascista.
A IGM manterá un novo encontro no mes de xaneiro de 2017 ao que, as distintas agrupacións que a compoñen levarán propostas concretas para empezar a facer realidade estas iniciativas.
Con respecto ao acadado no 2016, ademais do traballo específico de cada un dos colectivos, as entidades participantes no encontro avaliaron positivamente os acordos plenarios aprobados por concellos e deputacións, a partir da proposta formulada pola IGM. Froito destes acordos, elimináronse honores, distincións e símbolos que seguían perpetuando a memoria franquista nas institucións locais e expresouse un compromiso coa recuperación da memoria histórica que debe ter continuidade no futuro, lamentando a nula existencia do obrigado compromiso ético coa memoria en Xunta e Estado.itar.