Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo en San Simón 2020
“Toda alternativa política é lexítima dentro do respecto aos Dereitos Humanos e á defensa da igualdade de todas as persoas, titulares deses dereitos sen ningún tipo de exclusión. Dentro dese marco todo é discutíbel, fóra del só queda o fascismo fronte ao que ninguén debe facer concesións”, dicía o manifesto lido no acto da illa
En nome da IGM, Queta Molas e Telmo Comesaña tiveron unhas palabras de lembranza para Antonio Nores, Pepe Francés, Chato Galante, Elvira Varela Bao, Margarita Caballero, Argimira Sánchez Valado e Mariquiña Villaverde, que ata o seu pasamento mantiveron acesa a chama da memoria das vítimas do golpe

Redondela, 19 de xullo de 2020. Na voz do seu voceiro, Matías da Torre, a Iniciativa Galega pola Memoria rexeitou onte en San Simón “a normalización das forzas fascistas na nosa sociedade” e a “compracencia” coa que, ao seu entender, están sendo tratadas e pediu “a ilegalización deste tipo de organizacións”.
Nun acto marcado pola crise sanitaria, que obrigou a limitar a presenza na illa a unha trintena de persoas en representación do medio cento de colectivos memorialísticos que a compoñen, a IGM denunciou que “as leis vixentes contra o racismo, o machismo, a homofobia e outras formas de discriminación, son burladas constantemente por estes grupos fascistas baixo a escusa da liberdade de expresión e doutros dereitos que, precisamente, eles pretenden conculcar”. E, nese senso, alertan de que a ultradereita “perverte a linguaxe coa fin de furtar o debate e o contraste pacífico de pareceres ao baleirar os termos de contido para presentar aos opresores como oprimidos e así xustificar os seus ataques contra os máis débiles: as minorías, os excluídos, que son presentados como unha ameaza que debe ser erradicada”. En resumo, amósanse “como vítimas do autoritarismo da retórica do politicamente correcto para defender un totalitarismo auténtico e efectivo”.
Nun lugar tan simbólico para denunciar as consecuencias do fascismo como é o antigo lazareto de San Simón, a IGM amosou a súa preocupación polos “rebrotes que están a ter estas ideas” e pola “súa entrada nas institucións e diferentes gobernos do Estado”, que entenden non é casual senón froito da súa equiparación co resto de forzas políticas democráticas, “en función de intereses que van desde quen os apoia directamente ata quen irresponsabelmente os amosa para meter medo ou dividir o voto dos adversarios co fin de obter réditos electorais inmediatos. Porén-insisten- o fascismo non é unha ideoloxía máis senón que representa a eliminación de calquera outra ideoloxía e a supresión do pluralismo político: Non teñen outra proposta que a lei do máis forte e por iso a súa estratexia de crispación busca a confrontación para provocar un clima de violencia que lexitime, precisamente, o uso da forza”.
“Todas as alternativas políticas son lexítimas dentro do respecto aos Dereitos Humanos e á defensa da igualdade de todos os homes e mulleres que os fai titulares de tales dereitos sen ningún tipo de exclusión. Dentro dese marco todo é discutíbel, fóra del só queda o fascismo fronte ao cal ninguén debe facer concesión. Todo o espectro ideolóxico debe comprometerse no seu combate”, recollía o manifesto que concluíu parabenizando a Galiza por deixar VOX fóra de calquera institución e comprometendo o traballo da IGM na loita contra o fascismo a través “do coñecemento profundo do que este tipo de ideario supón”.
En memoria da loita pola memoria
A lectura do manifesto puxo fin ao acto anual, que este ano ademais de lembrar as vítimas do fascismo, quixo ter unha lembranza especial para “a memoria da memoria”, en concreto cara a persoas vinculadas co movemento memorialístico galego que faleceron nos últimos meses: Eran Chato Galante, membro de La Comuna, as coruñesas Elvira Varela Bao e Mariquiña Villaverde, da CRMH, Pepe Francés e Antonio Nores, da ARMH 28 de agosto de Cangas, Argimira Sánchez Valado, Cachita, fundadora de Senhor Afranio, e Margarita Caballero Calleja da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. O presidente desta entidade, Telmo Comesaña e a presidenta da ARMH de Marín, Queta Molas, tomaron a palabra no seu recordo en representación de todos os colectivos que compoñen a plataforma galega. O acto contou tamén coa intervención de Celso López Pazos, de CeAqua, Rosa García Alcón, vicepresidenta da Comuna, Xosé Antonio Chillón, da ARMH 28 de agosto e a viúva de Pepe Francés, Teresa Carbajo.
Como cada ano, o acompañamento musical correu a cargo dos Gaiteiros da Memoria que interpretaron o Himno de Riego, o Himno do Antigo Reino de Galiza e, tras a ofrenda floral ás vítimas ante a peza colocada no Ano da Memoria na illa pequena, a de San Antón, o Himno Galego, que serviu de peche.

Manifesto da IGM: Fascismo Nunca Máis!
A Iniciativa Galega pola Memoria manifesta a súa repulsa pola compracencia coa que se está a tratar ás forzas fascistas e condena a súa normalización na nosa sociedade. Demandamos a ilegalización deste tipo de organizacións. As leis vixentes contra o racismo, o machismo, a homofobia e outras formas de discriminación son burladas constantemente por estes grupos baixo a escusa da liberdade de expresión e doutros dereitos que precisamente eles pretenden conculcar. Amósanse como vítimas do autoritarismo da retórica do politicamente correcto para defender un totalitarismo auténtico e efectivo. Perverten a linguaxe co fin de furtar o debate e contraste pacífico de pareceres ao baleirar os termos do seu contido e presentando aos opresores como oprimidos para así xustificar a represión dos máis débiles, das minorías, dos excluídos, que son presentados como unha ameaza que debe ser erradicada.
Os rebrotes que están a ter estas ideas e a súa entrada nas institucións e diferentes gobernos do Estado non son espontáneas nin casuais senón que responden á sobrerepresentación que nos medios se lle deu a este tipo de voces e a súa equiparación coas demais opcións políticas, en función de intereses que van desde quen os apoia directamente por coincidir no seu programa até quen irresponsablemente os amosa para meter medo ou dividir o voto dos adversarios co fin de obter réditos electorais inmediatos. Porén o fascismo non é unha ideoloxía máis senón que representa a eliminación de toda outra ideoloxía e a supresión do pluralismo político.
Todos os idearios na súa aspiración ao seu trunfo teñen desenvolto nalgúns casos prácticas censurábeis, pero ningún como o fascismo fai desas accións precisamente a súa bandeira e a súa meta. Non teñen outra proposta lexislativa que a lei do máis forte. E por iso a súa estratexia de crispación busca a confrontación para provocar un clima de violencia que lexitime precisamente o uso da forza.
Todas as alternativas políticas son lexítimas dentro do respecto aos Dereitos Humanos e a defensa da igualdade de todos os homes e mulleres que os fai titulares de tales dereitos sen ningún tipo de exclusión. Dentro dese marco todo é discutible, fóra del só queda o fascismo fronte a cal ninguén debe facer concesións e contra o cal todo o espectro ideolóxico debe comprometerse no seu combate. Hoxe parabenizámonos que na Galiza a súa expresión partidaria, VOX, non teña presenza en ningunha institución. Mais non debemos baixar a garda.
Como organizacións memorialísticas que defendemos a verdade, a xustiza e a reparacións fronte ao que supuxo a concreción desta ideoloxía fascista no noso Estado a través do Franquismo, queremos achegar a nosa contribución a esta loita desde o coñecemento profundo do que este tipo de ideario supón. Por iso berramos: Fascismo Nunca Máis!