Cre que a única vítima da demora na recuperación do Pazo foi o pobo galego, que conviviu durante corenta anos “coa vergoña do espolio impune" e que agora se vería novamente agraviado polo feito de compensar a quen herdou o roubado
Lamentan que o movemento memorialístico, motor fundamental do cambio na titularidade do Pazo, sexa menosprezado na sentenza e mantido á marxe no proceso de decisión sobre o futuro do inmóbel, malia que non se recuperaría sen a súa loita

Pontevedra, 16 de febreiro de 2021. A Iniciativa Galega pola Memoria quere amosar a súa discrepancia coa sentenza emitida pola sección número 3 da Audiencia Provincial de A Coruña que recoñece o dereito da familia Franco a percibir unha indemnización polas catro décadas que, xa en democracia, gozou do Pazo de Meirás, e reclama ao goberno estatal que a recorra. Á IGM escápaselle a lóxica de indemnizar a alguén por aproveitarase dun ben que, segundo o mesmo fallo, foi obtido de xeito fraudulento. Que as institucións democráticas tardaran tanto tempo en recuperar o espoliado foi, precisamente, o que converteu o Pazo de Meirás nun símbolo da impunidade franquista. A única vítima desta demora foi o pobo galego que, tras a Transición, conviviu durante corenta anos coa vergoña do espolio impune. Sumar ao adiamento unha indemnización para quen herdou o roubado é, para a IGM, unha clara anomalía democrática, e non pode máis que lamentar profundamente o paso atrás que supón esta decisión para a recuperación da memoria das vítimas do franquismo.
Para a IGM, o máis grave da sentenza non está no desembolso económico senón na nova burla que supón que o tribunal estableza que non houbo “mala fe” na ocupación continuada dun ben obtido durante a ditadura militar mediante o uso do espolio. Que, unha vez máis, se branquee o franquismo e mesmo se poña en dúbida a loita das vítimas e do propio movemento memorialístico ao rexeitarse no texto a memoria oral como proba das irregularidades na ampliación da finca, a pesar de que estas están avaladas, ademais de polo testemuño da veciñanza represaliada, por abundante documentación.
A IGM lembra que o traballo de recuperación da memoria feito polo pobo galego, e nomeadamente polas persoas que nos albores da democracia fundaron a CRMH da Coruña, foi absolutamente imprescindíbel para que o Estado recuperase a propiedade a pesar da absoluta inacción da administración durante catro décadas. Por iso lamentan o menosprezo, tamén amosado durante o proceso de decisión sobre o futuro do inmóbel, para o que non se tivo en conta ao movemento memorialístico a pesar do seu papel determinante.
Malia insistir en que o novo xeito de branquear o franquismo é moito máis grave que calquera desembolso económico, a IGM non quere deixar de lembrar que a sentenza basea o dereito da familia do ditador a ser indemnizada, nos gastos de mantemento así como nas obras de rehabilitación levadas a cabo tras o incendio de febreiro de 1978. Porén, e sen entrar a valorar as incógnitas sobre a orixe do lume, a herdeira do ditador xa fora indemnizada coa importante cifra de 13 millóns e medio de pesetas daquel tempo, polo que esta sentenza suporía pagarlle a familia dúas veces polo mesmo incendio. Tampouco parece que sexan moi dignas de compensar as obras de mantemento e conservación dado o estado ruinoso no que se atopa actualmente o Pazo. Sinalar, por último, que o Estado seguiu prestando servizos, e polo tanto derivando recursos públicos a Meirás, cando menos, ata 1990. Ademais, a propiedade foi fonte de ingresos para a familia do ditador, que a explotou e especulou con ela durante décadas.