Seguindo a loita iniciada pola Asemblea Republicana de Vigo, a Iniciativa critica que nun Estado aconfesional, Concello e Deputación financien con fondos públicos unha obra da Igrexa proxectada durante a ditadura
A plataforma entende que non se pode seguir amparando a veneración do que se considerou unha icona contra a democracia e o laicismo, porque iso significaría seguir incidindo no adoutrinamento da igrexa e no branqueo da represión
Pontevedra, 21 de decembro de 2020. A Iniciativa Galega pola Memoria, en consonancia coa loita posta en marcha pola Asemblea Republicana de Vigo, quere amosar o seu total rexeitamento á colocación na ermida do Monte da Guía dunha escultura xigante do Sagrado Corazón, símbolo claramente franquista e utilizado como icona da loita contra os valores democráticos e as persoas que os defendían. Para a IGM a obra é totalmente contraditoria coa recuperación da memoria e a vindicación das vítimas do franquismo, e por iso solicitan á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que lle retire os permisos.
Especial estupor provoca que os traballos para a colocación dunha escultura na ermida do Monte da Guía, proxectados durante a ditadura pero paralizados polo seu alto custe, vaian ser finalmente financiados por dúas institucións democráticas e gobernadas por siglas que contaron na súa militancia con vítimas do franquismo: Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo, ás que, tal e como fixo a Asemblea mediante escritos a ambos, lles pide que se retracten e dean marcha atrás no proxecto. Consideran totalmente incompatíbel cun estado aconfesional que se empreguen 100.000 euros nunha obra de motivo relixioso, e máis cando se escolleu unha advocación con clara implicación cunha ideoloxía contraria á que gobernos democráticos e de esquerdas deberían defender.
Como xa fixo o colectivo vigués, desde a IGM lembran que o culto ao Sagrado Corazón nace a nivel europeo para facerlles fronte ao laicismo e á perda de influencia do catolicismo. A forte reacción da Igrexa contra os avances do pensamento democrático dáse no Estado Español desde principios do século, como contraposición, precisamente, aos resultados das eleccións xerais de maio de 1910, onde o PSOE no que militan os máximos representantes de ambas institucións, conseguía por vez primeira un escano. Dentro dese marco reaccionario, entronízase ao Sagrado Corazón como símbolo da loita e en 1919, tras a revolución rusa, Alfonso XIII consagra todo o territorio a esta advocación, que logo sería usada polos golpistas para xustificar a cruenta represión no paraugas da loita contra “o ateísmo”.
Máis alá do respecto ás crenzas relixiosas de cadaquén, as institucións democráticas non poden amparar a simboloxía utilizada polo franquismo para darlle lexitimidade a súa “cruzada nacionalcatólica”, non poden seguir amparando a veneración do que se considerou un símbolo contra a democracia e o laicismo, porque iso significaría seguir incidindo no adoutrinamento da igrexa e no branqueo da represión. Non é un símbolo relixioso sen máis, simboliza un pensamento reaccionario que as institucións democráticas non deberían financiar.
Para a IGM non é escusa que a obra fose pensada por Palacios e Gómez Román, como nalgún medio apuntou a administración. Estamos no século XXI, nun estado aconfesional, e dentro dunha sociedade que maioritariamente defende valores democráticos e de liberdades, contrarios ao que esa imaxe simbolizará para sempre tras o golpe de Estado do 36. Ningún contexto será xusto se se retrotrae a períodos anteriores a el, obviando o sentimento das vítimas e as esixencias sobre a verdade, a xustiza, e a reparación esixíbeis a calquera sociedade democrática.