A plataforma agradece o apoio de milleiros de persoas e ducias de colectivos que empurraron a loita capitaneada por Babío e Pérez Lorenzo que, de novo, lograron con pedagoxía e divulgación mudar a decisión do Estado, inasumíbel en democracia
Máis alá do que determine o Supremo, para a IGM a decisión de onte é unha vitoria e agarda que “o pobo non volva precisar nunca facer titánicos esforzos para lograr que Estado e Xunta defendan a memoria das vítimas do xenocidio franquista”
A Coruña, 10 de marzo de 2021. A Iniciativa Galega pola Memoria quere amosar a súa satisfacción pola decisión do Estado de recorrer a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que, ademais de obrigar a indemnizar á familia Franco, establece a boa fe no proceder do ditador e a súa descendencia. Para o colectivo, o cambio de parecer dos gobernos, tanto estatal como autonómico, volve amosar a forza da loita pola memoria que o pobo galego vén exercendo desde hai décadas. Sen o esforzo maratoniano realizado nos últimos quince días por millares de persoas e ducias de colectivos galegos e estatais, as administracións avalarían unha sentenza que resulta totalmente inasumíbel desde o punto de vista democrático, non só por pretender institucionalizar o espolio a través da entrega de cartos públicos a quen o realizou, senón tamén por dar por bo un relato edulcorado da ditadura xenocida que suporía unha nova burla ás vítimas.
A loita social foi clave para rematar coa incomprensíbel pasividade que as institucións democráticas mantiveron durante máis de corenta anos respecto ao espolio da familia Franco. O cambio que supuxo a interposición en xullo de 2019 da demanda para a recuperación de Meirás veu provocado por anos de mobilización social. Cando foi iniciada por apenas media ducia de integrantes da CRMH da Coruña que se apostaban cunha pancarta ás portas do Pazo pedindo a súa devolución, a súa pretensión era considerada unha tolemia, pero seguiron adiante e o seu constante e solitario esforzo persoal conseguiu a base de investigación e divulgación mudar a opinión pública: a das institucións e a da sociedade galega, que hoxe é maioritariamente –mesmo unanimemente se temos en conta a postura do seu Parlamento- partícipe da loita contra a impunidade franquista que simboliza Meirás. Para o cambio foi clave o titánico e desinteresado traballo dos investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, sobre o que se sustentou a demanda estatal. Dous anos despois da súa presentación, o seu papel e o do movemento memorialístico volve ser clave para lograr, con apenas quince días de marxe, facer cambiar de opinión aos dous gobernos que, de novo, se querían amparar en cuestións técnicas para eludir a súa obriga de defender, sen escusas, os postulados democráticos. Nas últimas dúas semanas, Babío e Pérez Lorenzo encabezaron un manifesto que de novo facía pedagoxía respecto a postura da Audiencia e as súas consecuencias, e lograron co apoio sen fisuras de todos os colectivos englobados na IGM, miles de sinaturas e o apoio de ducias de agrupacións galegas e estatais, nomeadamente vascas, madrileñas e andaluces, en apenas 24 horas. Co mesmo obxectivo atenderon a medios de comunicación, reuníronse cos partidos representados no parlamento galego e encabezaron un acto reivindicativo nas portas da Delegación do Goberno. Onte o extenuante traballo daba os seus froitos cun comunicado do goberno totalmente diferente ao emitido quince días atrás.
Por todo iso, a IGM quere agradecer o esforzo de ambos, así como o de todas as persoas que a través da súa sinatura, do seu traballo nas diferentes organizacións memorialísticas ou co seu discurso nas redes ou no seno das súas respectivas agrupacións políticas, empurraron para lograr, de novo, mudar o que parecía inamóvibel. Alegrase de ter sido quen, unha vez máis, de demostrar que a base de traballo, información e determinación, o movemento memorialístico e en xeral, o pobo galego é quen de mudar unha posición do Estado que resultaba un atentado contra a dignidade das vítimas.
Máis alá do que determine o Tribunal Supremo, para a IGM a decisión de onte é unha vitoria e agarda que o pobo non volva precisar nunca máis facer titánicos esforzos para lograr que as administracións democráticas que o representan traballen na defensa da memoria das vítimas do xenocidio franquista.