27 de setembro de 1975-27 de setembro de 2015
O 27 de setembro de 1975, a cidade de Vigo e o mundo enteiro estremecíase diante das derradeiras penas de morte executada en Europa por motivos políticos. Cinco loitadores antifranquistas eran asasinados logo duns xuízos farsa e sen as máis mínimas garantías procesais. Tales feitos golpearon sobre todo a nosa cidade porque entre os cinco asasinados, dous, Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo-Solla eran veciños de Vigo. Xunto a eles caian tamén diante do pelotón de fusilamento Ramón García Sanz, Juan Paredes Manotas”Txiki” e Angel Otaegui.
É unha obriga inescusable para todos e todas @s que creemos na necesidade da verdade , da xustiza e da reparación para coas vitimas da ditadura franquista que a lembranza deste tráxico acontecemento non esmoreza e desapareza para sempre da nosa memoria colectiva.
Dende aquel 27 de setembro ata hoxe mesmo, con maior ou menor intensidade pero co mesmo e activo compromiso de denuncia antifascista contra os crimes da dictadura, @s amig@s, compañeir@s e camaradas de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, tentamos manter viva a súa memoria celebrando de forma ininterrompida durante estes cuarenta anos un acto de homenaxe no cemiterio de Pereiro en Vigo diante da tumba de Xose Humberto Baena, “ Peter”.
Porén este ano ten especial relevancia simbólica por tratarse do 40 aniversario daqueles asasinatos legais. Por eso creemos que é a nosa obriga levar a cabo unha serie de iniciativas de maior calado e relevancia publica que as que desenvolvimos en anos anteriores para chegar a todala veciñanza de Vigo e para que ninguén esqueza o que aconteceu fai agora cuarenta anos .
Dende a Comisión 27 de setembro , creemos que tería un grande impacto social que o día anterior ao acto do cemiterio aparecese publicada en Faro de Vigo unha grande esquela, reivindicativa, militante e memorialista, que fora quen de golpear a conciencia do pobo e, ao tempo, axudase a realizar un exercicio de memoria e homenaxe aos que deron a súa vida loitando contra a dictadura.
Tamén entre as iniciativas que imos desenvolver está o do aluguer de dúas grandes vallas publicitarias de 8 metros de longo por 3 metros de ancho( adxuntase texto) que durante quince días, entre o 13 e o 27 de setembro, sirvan para lembrar a figura de Baena, Sanchez-Bravo, García Sanz, Txiki y Otaegui e aqueles asasinatos de estado.
ESTE É O NOSO OBXECTIVO. Naturalmente, para levar a cabo todas estas iniciativas precísanse fondos. Para acadalos poremos en circulación uns bonos de axuda por valor de 2 e 5 € que estarán a venda durante os meses de agosto e setembro. Para aquelas persoas que non teñan acceso a mercar os bonos, terán a súa disposición o numero de conta bancaria ES20 2080 5217 2130 4000 2915 na que poderán facer as aportacións económicas que consideren oportunas, debendo indicar no concepto 27 DE SETEMBRO 2015.
Dos fondos recadados dependerá non só o tamaño da esquela, senón tamén o lugar de ubicación das vallas publicitarias.
Máis nada , agardando contar co voso apoio solidario e antifascista, recibide un saúdo fraterno
Asunción Vaamonde Polo
Miguel Angel Gómez Álvarez
Celso X. López-Pazos
Marí Luz Maset Catala
Laura Pérez Durán
Manuel Reinoso Dominguez
(Pola Comisión 27 de setembro de 1975)
¡¡¡VERDADE , XUSTIZA E REPARACIÓN PARA COAS VITIMAS DA DICTADURA¡¡¡
¡¡¡CONTRA A IMPUNIDADE DO FRANQUISMO¡¡¡