Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Acto reivindicativo para denunciar a prohibición de portos de Galiza a instalar unha inscrición de homenaxe ás vítimas da represión franquista en Vilaboa

9/29/2015

2 Comentários

 
Imagem
A Regaduxa. Memoria histórica de Vilaboa organiza un acto reivindicativo para denunciar a prohibición de portos de Galiza a instalar unha inscrición de homenaxe ás vítimas da represión franquista en Vilaboa
O acto terá lugar o sábado 3 de outubro ás 19 h no peirao de Santa Cristina de Cobres. Este lugar foi elixido polo colectivo A Regaduxa para instalar unha inscrición en homenaxe ás vítimas do terror franquista polo seu simbolismo: pola proximidade ao cárcere de San Simón, e porque tanto o peirao como a estrada que leva até alí foron construídos co traballo forzado dos presos da illa, algúns deles de Vilaboa.
Na súa negativa a autorizar a instalación da inscrición, Portos aduce razóns de seguranza que non aplica noutros peiraos. En realidade, nas reunións que se mantiveron con responsábeis do organismo explicaron que non lles gustaba nada  a expresión “terror franquista”.
A Regaduxa comeza con este acto unha campaña reivindicativa e de denuncia para conseguir instalar a inscrición. Facemos un chamamento a todas as persoas comprometidas coa recuperación da memoria histórica para que acudan ao peirao de Santa Cristina de Cobres o sábado 3 de outubro. Poderedes participar na acción colectiva que se vai realizar e poñer así o voso grao de area para que se faga realidade a homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa.

2 Comentários
Sara
9/30/2015 12:05:20 am

Cando a razón está por riba de todo e o inquedante do terror vivido nesa Illa non quere ser recoñecido. Cada un de nós deberíamos poner o noso grao de area para reivindicar esa dor e ese terror non sufocado meses anos de oscurantismo. Saiamos todos a apoiar esta iniciativa e a rendirle merecida homenaxe a que tanto padeceu.

Responder
Levi Hutton link
12/15/2020 04:03:39 am

Thanks for the poost

Responder



Enviar uma resposta.

    Imagem

    IGM

    Iniciativa Galega pola Memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Feed RSS

VERDADE
XUSTIZA
REPARACIÓN
NON REPETICIÓN