A escritora e xornalista Ana Cabaleiro, condutora do acto, lembrou que o que non se xulga e se condena non é amnistiado, senón que fica impune
Chato Galante, unha das persoas que denunciou en Bos Aires as torturas de Billy el Niño, agradeceu o apoio de Galiza á querela arxentina
O acto organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria homenaxeou a Darío Rivas e a guerrilleira Chelo Rodríguez, que finaron este ano
“O que non se xulga e se condena non pode ser perdoado, non se pode amnistiar un delito que non foi cometido (…)No referente aos crimes franquistas, cando falamos de amnistía, en realidade do que estamos a falar é de impunidade”. A denuncia realizouna a escritora Ana Cabaleiro no encontro nacional que os colectivos pola memoria celebraron este domingo en San Simón no só para render homenaxe ás vítimas e ás súas familias senón tamén para reivindicar o fin desa impunidade que, lembrou Cabaleiro, “ lonxe de ser derogada e revertida desde os poderes institucionais correspondentes, de tanto manterse no tempo chegou a propiciar, nos últimos anos, o envalentonamento dos reaccionarios e herdeiros da ditadura, que pugnan por seguir impoñendo e lexitimando o seu ideario de represión e espolio”.
No ano en que se cumpren oitenta do fin da guerra civil en España e dez desde que “a sociedade civil” a través da Iniciativa Galega pola Memoria, tomou as rendas da organización da homenaxe ante a desidia da administración autonómica, Cabaleiro esixiu tamén no nome de todos os colectivos que a conforman “a regulación da apoloxía do franquismo como delito e a prohibición de toda exaltación do mesmo”
Lembrou na súa intervención como condutora do acto central celebrado ás doce do mediodía, que neses oitenta anos “ escribiuse coa tinta dunha ditadura, coa tinta dunha transición á democracia falsamente cualificada como ‘pacífica e modélica’, e coa tinta dunha Lei de Amnistía, ignominiosa e insultante, que baixo o cínico argumento de non reabrir feridas derivou nunha impunidade efectiva de todos os crimes cometidos desde o golpe de Estado de 1936 ata a promulgación desta lei en 1977. A historia destes 80 anos foi escrita, polo tanto, coa tinta do silenciamento, do ocultamento e, mesmo, da negación do terror que asolagou este país”.
Derogar esa lei para acabar coa impunidade foi o clamor da xornada, protagonizada polas propias vítimas. Chato Galante, torturado por Antonio González Pacheco, Billy el Niño e un dos asinantes da querela arxentina, desprazouse desde Madrid para reivindicar na illa o dereito á xustiza universal e para lembrar que Galiza foi unha zona “especialmente castigada” polo que “ademais dos acenos de recoñecemento precisa de accións que garantan os principios de verdade, xustiza e reparación para todas as persoas que sufriron crimes de lesa humanidade, que nunca poden prescribir”. Galante foi precedido na palabra por Celso López, membro da Asamblea Republicana de Vigo, que tras lembrar a recente adhesión do movemento galego á coordinadora de apoio á querela (CeAqua) reclamou que o estado aplique os tratados internacionais subscritos no ámbito xudicial que recollen a non prescrición dos delitos de lesa humanidade e polo tanto a imposibilidade de amnistialos.
Pola súa parte, o investigador Moncho Ermida lembrou que “tamén na Galiza temos moitos Billy el Niño” e instou ao movemento memorialístico a “poñer riba da mesa” os nomes das persoas que participaron en torturas, sobre todo nos últimos anos da ditadura e na transición. El mesmo recitou algúns mentres que Elvira Cienfuegos, compoñente da asociación cultural O Galo de Compostela, deu lectura a un texto emotivo e arrepiante, no que un ex traballador de Citröen torturado naquel tempo daba consellos precisos aos seus camaradas sobre como resistir aos golpes. Un histórico texto que foi traducido ao euskera e utilizado por agrupacións antifranquistas de todo o territorio español.
O acto, que contou coa actuación musical de Lucía César Veloso, serviu como homenaxe ao promotor da querela, Darío Rivas, e á guerrilleira antifranquista Chelo Rodríguez, finados este ano. Tamén para amosar o respaldo ao investigador Carlos Babío, denunciado polos Franco, que, finalmente non puido desprazarse á illa, tal como estaba previsto.