“Cada rincón de la isla es un recuerdo mío” recollía a carta que José Mejuto escribiulle á familia antes de ser fusilado polos golpistas. A súa neta, Ana Paula Mejuto, mandouna desde Bos Aires para que a lese a actriz Mónica Camaño.
O movemento memorialístico traballa para conseguir a denominación de San Simón como illa da Memoria e un plan de usos que evite a realización de actividades irrespetuosas coas vítimas e as súas familias
Vilaboa, 29 de outubro de 2019.- “Cuando seáis mayores y hagáis una visita a esta isla, no como yo la he hecho, a la fuerza y con las manos atadas, sino en plena libertad, recordad que allí ha estado vuestro padre. Que cada rincón de la isla es un recuerdo mío”. Este foi un dos fragmentos da carta que José Mejuto, fusilado polos franquistas, escribiu á súa familia desde o cárcere de San Simón e que a súa neta, Ana Paula Mejuto, mandou desde Arxentina para que fose lido no acto que familias e colectivos da memoria celebraron esta tarde no porto de San Adrián de Cobres. Reuníronse alí para pedirlle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que impida que, “na illa que foi lugar de tortura para os nosos antepasados”, se celebre este xoves unha festa de Samaín, calificada no acto como “unha indecente e insultante banalización do mal”.
A carta de Mejuto foi lida pola actriz Mónica Camaño, condutora dun acto no que quedou patente o total rexeitamento dos colectivos de memoria galegos e as familias cara a unha celebración que consideran “unha profanación dun espazo simbólico da memoria democrática, dun lugar que supuxo sufrimento, dor e terror e que agora é utilizado como escenario para unha frívola festa de disfraces que se publicita, nunha sorte de mofa, como unha experiencia divertida de medo e terror.” Considera o colectivo que a illa, calificada como BIC; foi convertida nos últimos tempos “nun parque de atraccións explotado por empresas privadas para facer negocio. Un espazo no que ten cabida todo tipo de actividades menos, xustamente, as de memoria histórica”.
Con Camaño, tomaron a palabra no peirao de San Adrián de Cobres, para insistir na esixencia de que se respecte aos seus antepasados e se deixe de celebrar ginkanas e festas na illa, Carlos Casal e Enriqueta Otero.
Carlos Casal é veciño de Moaña, e tivo presos alí o seu avó, José Casal, e o seu tío Belarmino Casal. Ademais a súa avoa Casilda foi rapada. Desde o peirao, coa illa ao fondo, sinalou a casa familiar,desde a que a súa avoa e o seu pai, menor de idade entón, vían o lugar onde os tiñan retidos. Para el, organizar alí un acto como o Samaín “é mostra da escasa calidade democrática do noso país”.
José Casal escribiu durante a súa estancia neste cárcere e no de San Cristóbal, en Navarra, un diario que aínda permanece inédito. No acto, o seu neto contou que morreu cando el tiña 22 anos “e xamais o vin sorrir. O trauma que lle causou a represión foi total”.
Tamén Enriqueta Otero fixo unha lembranza do seu pai, Eduardo Otero Molas, e doutros veciños de Marín que estiveron presos no Lazareto. Entre eles o alcalde, Antonio Blanco, que foi fusilado o 31 de decembro de 1936. Molas, presidenta da asociación para a recuperación da Memoria Histórica desa vila, esixiu “respecto para todos aqueles que deixaron na illa o mellor da súa vida” e respecto para ese lugar desde onde, lembrou, partían moitos presos a “viaxes sen retorno mentres os compañeiros esperaban a súa quenda coa angustia das familias(…) Os que foron quedando non esqueceron nunca aos compañeiros”.
Reuníronse en San Adrián de Cobres máis de medio centenar de persoas, entre representantes de colectivos da memoria e familiares de presos. Tamén houbo quen enviou escritos de adhesión, como o asinado polo xornalista Fernando Salgado, cuxo avó, Pancho Varela, permaneceu na illa antes do seu fusilamento en Pontevedra, o 27 de xullo de 1937, na mesma data que José Mejuto.
“Ás cinco e media da mañá do día 27 de xullo, dous gardas veñen buscalo á cela do cuartel situado na Rúa Benito Corbal de Pontevedra. O pelotón de fusilamento está preparado no número 1 da Avenida Bos Aires. Sona a descarga e cinco anacos de chumbo poñen fin a os seus sonos”, escribiu Salgado.
Os colectivos anunciaron que máis alá do que ocorra o xoves, seguirán traballando para conseguir a denominación de San Simón como Illa da memoria, e unha programación de carácter público centrada na memoria histórica democrática, cun Plan de usos do espazo que evite actividades que sexan ofensivas para as vítimas do franquismo e as súas familias.