As entidades agrupadas na Iniciativa Galega pola Memoria queremos denunciar a exclusión do estudo da historia do levantamento militar fascista contra a República, da represión contra vidas e dereitos durante a Ditadura (1936-1975) e das pervivencias do franquismo na transición e no período posterior da monarquía constitucional.
Fronte a esta exclusión, reclamamos que este estudo se faga desde unha óptica galega, inserida no coñecemento da evolución histórica de Galiza nas primeiras décadas do século XX e durante a II República, no coñecemento e estudo da devastación humana, social e política causada no noso país polo golpe militar e a Ditadura, e na comprensión das consecuencias institucionais, sociolóxicas e ideolóxicas da Ditadura na sociedade actual.
E esiximos que a incorporación destes contidos e coñecementos teña como referencia os tratados internacionais asinados polo Estado en materia de dereitos fundamentais e as esixencias das Nacións Unidas.
Por todo o anterior, reclamamos un ensino que se asente no exercicio do dereito persoal e colectivo á verdade, á reparación, á xustiza e para garantir a non repetición do franquismo:
1.- O ensino debe deixar de ocultar a verdade da historia dos feitos que aconteceron no noso país, na medida que son imprescindíbeis para comprender a realidade presente en canto é froito deses sucesos. Para iso debe incorporarse no currículo o coñecemento dos crimes do franquismo e a memoria da resistencia contra este réxime opresivo.
2.- O ensino ten que compensar e corrixir unha longa socialización e normalización da represión franquista e da impunidade dos seus crimes.
3.- O ensino debe promover os valores de respecto aos dereitos humanos para o cal non pode excluír dos seus contidos a violación destes que se teñen producido no noso país e analizar de xeito crítico aqueles aspectos pendentes de abordar polo Estado neste ámbito e que teñen que ver coa impunidade, a non investigación das desaparicións forzosas, a prescrición de crimes contra a humanidade, etc...
4,- O ensino debe fomentar os valores democráticos para o cal é indispensábel educar na asunción do pluralismo político, na defensa das liberdades civís e do dereito de expresión e organización, na apreciación positiva da participación política e do compromiso social e combater calquera visión totalitaria e antidemocrática que xustifique ou faga apoloxía da represión destes dereitos fundamentais.

| |
| |