Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Colectivos de todo o país esixen en Pontecesures a retirada da simboloxía franquista que pervive na Galiza

11/4/2017

1 Comment

 

Eliminación da simboloxía fascista xa!!!

Imagem
Pontecesures, 4 de novembro de 2017.- Unha ducia de colectivos agrupados na Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) esixiron hoxe en Pontecesures a eliminación da simboloxía franquista que corenta anos despois do fin da ditadura pervive na Galiza.
Elixiron este punto da xeografía para denunciar a “burla” do alcalde popular, Juan Manuel Vidal, de someter á consulta da veciñanza a súa obriga de eliminar un escudo falanxista dunha fonte pública. E fixérono no adro da Igrexa, diante dunha das cruces que todavía se manteñen no país na “memoria de los caídos por Dios y por España.
O acto contou coa presenza de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, ARMH de Marín, CRMH do Barbanza, Sinhor Afranio do Deza, A Regaduxa de Vilaboa, ARMH de Valga, ARMH 28 de agosto de Cangas e Vagalume de A Estrada. Ademais, amosaron o seu respaldo ao acto Levada Libre de Tui, Sempre con vós de Pontevedra, Ateneo de Moaña ou Xoán Carballeira de Bueu, entre outras. Tamén estiveron presentes o parlamentario Luís Bará, a deputada provincial, Eva Villaverde, o concelleiro Roque Araújo ou as concelleiras Romina Nieto, María Ferreirós e Cecilia Tarela. Tarela, promotora da iniciativa, foi a primeira en intervir para lembrar os pasos dados pola oposición na reivindicación da eliminación da simboloxía antidemocrática. Seguiulle a dirixente da IGM, Mila Bouzón, para reivindicar a Iniciativa como punto de encontro de persoas e colectivos que durante as última décadas veñen loitando pola memoria histórica en distintos puntos da Galiza, así como para denunciar a perversión que supón someter a un proceso tan democrático como a consulta popular, algo tan antidemocrático como a exaltación do fascismo que segou a vida de centos de persoas na Galiza. Seguiulle na quenda de palabra o deputado Luís Bará, que incidiu na importancia de loitar contra a pervivencia do franquismo “non só nas pedras senón tamén na ideas” e alentou aos colectivos a seguir loitando na procura dunha democracia máis plena.
Pechou o acto Xan Hermida, representante da ARMH de Barbanza, que interpelou directamente ao rexedor cesureño para que cumprise a súa obriga legal e ética, e tamén ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para que “mañá mesmo reprobe ao alcalde do seu partido se persiste nesta eiva democrática inviábel noutros países da nosa contorna como Italia ou Alemaña. Imaxinades que alí houbese símbolos fascistas ou nazis? Alí sería impensábel. Aquí, intolerábel”.
Ao rematar o acto, os representantes dos colectivos da IGM compartiron unha comida de confraternidade e celebraron unha xuntanza na que renovaron o seu compromiso de seguir loitando para a erradicación total do franquismo no noso país.
Antecedentes
Este acto reivindicativo xurdiu despois de que o rexedor cesureño respostase a unha petición de retirada do emblema da Falanxe dunha fonte, emitindo un bando no que propón unha consulta á veciñanza desa zona do municipio para decidir se cumpre ou non a Lei de Memoria Histórica.
A IGM, como punto de encontro das asociacións memorialísticas galegas, mobilizouse no marco do seu compromiso de demandar a eliminación de calquera iconografía que exalte o alzamento militar e o réxime criminal que provocou tantas vítimas no noso país. Independentemente de que nestes momentos haxa una lei que recolla a obriga, considérao unha cuestión básica na defensa dos dereitos fundamentais e na necesidade de perseguir a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, que debemos a quen sufriron prisión, tortura, violacións e mesmo o asasinato por ser demócratas.

1 Comment
?
11/4/2017 09:15:47 pm

En Iniciativa Galega pola Memoria xa saben que a muller do micro foi alcaldesa e primeira tenente alcalde no Concello de Pontecesures ata non hai moito, e solicitou a retirada da cruz da fachada da igrexa en 2007 pero calou e deixou a lei a un lado mentres gobernou e puido facer que se cumplise...
Polovvisto todos temos memoria cando nos ten conta
A lei está para cumplirse na oposición e sobre todo no goberno😜

Reply



Leave a Reply.

    Imagem

    IGM

    Iniciativa Galega pola Memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Fuente RSS

Powered by Create your own unique website with customizable templates.