A Regaduxa. Memoria histórica de Vilaboa organiza un acto reivindicativo para denunciar a prohibición de portos de Galiza a instalar unha inscrición de homenaxe ás vítimas da represión franquista en Vilaboa
O acto terá lugar o sábado 3 de outubro ás 19 h no peirao de Santa Cristina de Cobres. Este lugar foi elixido polo colectivo A Regaduxa para instalar unha inscrición en homenaxe ás vítimas do terror franquista polo seu simbolismo: pola proximidade ao cárcere de San Simón, e porque tanto o peirao como a estrada que leva até alí foron construídos co traballo forzado dos presos da illa, algúns deles de Vilaboa.
Na súa negativa a autorizar a instalación da inscrición, Portos aduce razóns de seguranza que non aplica noutros peiraos. En realidade, nas reunións que se mantiveron con responsábeis do organismo explicaron que non lles gustaba nada a expresión “terror franquista”.
A Regaduxa comeza con este acto unha campaña reivindicativa e de denuncia para conseguir instalar a inscrición. Facemos un chamamento a todas as persoas comprometidas coa recuperación da memoria histórica para que acudan ao peirao de Santa Cristina de Cobres o sábado 3 de outubro. Poderedes participar na acción colectiva que se vai realizar e poñer así o voso grao de area para que se faga realidade a homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa.