Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

A Iniciativa Galega pola Memoria esixe ao alcalde de Pontecesures que elimine a simboloxía franquista sen máis dilacións, como lle obriga a lei e a ética

10/26/2017

0 Comments

 
Imagem
Imagem
Critica que Vidal someta a consulta popular a súa obriga de retirar o emblema de Falanxe duha fonte, cando llo esixe non só a Lei de Memoria Histórica, senón tamén a necesaria defensa dos dereitos fundamentais, a procura da verdade, xustiza, reparación e o respecto ás vítimas e ás súas familias “É o colmo da perversión da democracia promover unha especie de referendo para avalar a pervivencia do franquismo cando este se define precisamente como a negación das liberdades democráticas mínimas. É unha burla ás vítimas e un insulto á intelixencia”, di a IGM
Pontecesures,  26 de outubro de 2017.- A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), que reúne a colectivos de toda Galiza, vén de denunciar a decisión do alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, de someter á consulta da veciñanza a súa obriga de eliminar a simboloxía franquista en cumprimento da lei de memoria histórica. 
O rexidor cesureño respostou a unha petición de retirada do emblema da Falanxe dunha fonte, emitindo un bando no que propón unha consulta á veciñanza desa zona do municipio para decidir se cumpre ou non la Lei de Memoria Histórica.
A IGM, como punto de encontro das asociacións memorialísticas galegas, ten acordado demandar a eliminación de calquera iconografía que exalte o alzamento militar e o réxime criminal que provocou tantas vítimas no noso país. Independentemente de que nestes momentos haxa una lei que recolla a obriga, é unha cuestión básica na defensa dos dereitos fundamentais e na necesidade de perseguir a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, que debemos a quen sufriron prisión, tortura, violacións e mesmo o asasinato por ser demócratas. 
Á IGM parécelle insultante que precisamente se queira revestir de democrático o enxalzamento da prohibición de ideas, organizacións e persoas. De haber unha opinión favorábel ao fascismo seria simplemente a constatación de que a eliminación física dos que tiñan outras opinións -que é o que representa esa ideoloxía- logrou o seu obxectivo no tempo e aínda hoxe se benefician do froito dos seus crimes.
É o colmo da perversión da democracia promover unha especie de referendo para avalar a pervivencia do franquismo cando este se define precisamente como a negación das liberdades democráticas mínimas. É unha burla ás vítimas e un insulto á intelixencia. 
Por iso esiximos que o concello de Pontecesures dea cumprimento á eliminación da simboloxía franquista que se lle pide sen máis dilacións.
0 Comments



Leave a Reply.

    Imagem

    IGM

    Iniciativa Galega pola Memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Fuente RSS

Powered by Create your own unique website with customizable templates.