Pide ao Ministerio del Interior que se expediente por exaltación do fascismo ao axente Manuel Picón e critica que alguén con esta grave eiva democrática fose condecorado polo corpo na festa da súa patroa, a Virxe do Pilar
Considera especialmente grave que este insulto ás vítimas do terrorismo franquista chegue de mans dunha persoa obrigada polo ordenamento xurídico a protexer á cidadanía e a defender o réxime democrático

Pontevedra, xaneiro de 2018.- A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) amosou a súa perplexidade e o seu total rexeitamento ante o feito de que Manuel Picón, membro da Garda Civil de Pontevedra, utilice como perfil do seu whatsapp unha imaxe dunha man realizando o saúdo fascista sobre a bandeira de España e baixo o lema “Arriba España Siempre”.
O colectivo, que agrupa a asociacións de toda Galiza, considera especialmente grave que esta imaxe loando o réxime xenocida do xeneral Franco sexa utilizada por unha persoa que, dado o seu cargo, está obrigada polo ordenamento xurídico a protexer a cidadanía e a defender o réxime democrático. Nese senso, solicitan que o Ministerio do Interior abra un expediente ao axente onde se determine se puido cometer algunha ilegalidade por reproducir o saúdo utilizado ademais de polos franquistas, polos fascistas italianos ou os nazis.
A IGM reprocha que unha persoa con esta total carencia de valores democráticos fose condecorada polo corpo con motivo da celebración da patroa “o que vén a amosar, unha vez máis, que o goberno lonxe de condenar o franquismo, aplaude aos defensores dun réxime que asasinou a miles de persoas e condenou a moitas outras ao cárcere, o exilio ou a numerosas vexacións. Esas persoas foron castigadas por defender unha democracia que agora perpetua a memoria dos seus torturadores mentres esquece a da Galiza mártir”.