Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Cambio dos nomes franquistas de dúas rúas e unha praza na Coruña

11/29/2015

0 Comentários

 
Imagen
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña informa de tres actos que terán lugar esta semana:

- Martes, 1 de decembro . A partir das 19.00 h., na rúa General Mola (que deixará definitivamente de molar a partir desa hora), o Concello da Coruña celebrará o acto de substitución/eliminación da terminoloxía franquista que nomea esa rúa, cambiándoa pola de rúa ÁLVARO CEBREIRO (debuxante, caricaturista, xornalista gráfico coruñés). Tamén será eliminada/substituída o nome da praza do general Mola, pasando a recuperar a devandita praza o seu nome tradicional: Praza de Santo André.

- Xoves, 3 de decembro. A partir tamén das 19.00 h., a rúa Juan Canalejo perderá o seu sinistro nome -pertencente ao do fundador da Falange na Coruña-, pasando a chamarse Rúa SOCORRO,recuperando tamén así o seu nome tradicional.

Tamén aproveito para publicitar outro acto impulsado polo concello da Coruña, coa colaboración da CRMH.

O xoves, 3 de decembro, a partir das 20.30 h., haberá un acto no Fórum Metropolitano de homenaxe aos fotógrafos coruñeses Julio e Paco Souza Fernández, tamén coñecidos polo nome de"Hermanos Mayo". Este acto será presentado polo concelleiro de Cultura e Deportes da Coruña,Xosé Manuel Sande, e constará da proxección dun documental, da autoría do fotógrafo coruñésXurxo Lobato, quen participará no posterior debate xunto con Rubén Afonso, secretario da CRMH da Coruña.

0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Imagem

    IGM

    Iniciativa Galega pola Memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Feed RSS

VERDADE
XUSTIZA
REPARACIÓN
NON REPETICIÓN